Descarga e instalación

Descarga e instalación

A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). 

 
Remote video URL
 

abalarMóbil está dispoñible para que as persoas responsables do alumnado poidan acceder ao seu perfil de espazoAbalar dende o seu teléfono móbil e así utilizar as súas funcionalidades desde calquera lugar de forma cómoda e rápida. Ao longo desta guía, mostraranse as diferentes funcionalidades e servizos que as familias poden utilizar dende o seu teléfono móbil.

Desde a aplicación poderemos:

  • Acceder aos datos persoais.
  • Consultar as cualificacións.
  • Comprobar e xustificar as faltas de asistencia.
  • Consultar o apartado de faltas de conduta.
  • Solicitar, anular e consultar o estado dunha titoría.
  • Consultar os datos do centro, horario, calendario escolar e transporte.
  • Consultar os avisos e incidencias.
  • Acceder ao servizo de mensaxería.
  • Modificar o idioma da aplicación.
  • Xestionar as notificacións que se reciben no dispositivo.
  • Contactar co servizo técnico.
  • Descargar documentos.
  • Escolarización.