Espazos
Cualificacións
Dende o apartado “Cualificacións” poden consultarse as áreas cursadas polo/a alumno/a e as cualificacións obtidas en cada unha das diferentes avaliacións (só se mostrarán as áreas nas que existan cualificacións).
|
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
| Móstrase o curso e a etapa educativa do/a alumno/a. Pode seleccionarse a avaliación para a que se desexa comprobar as cualificacións nas diferentes áreas. Pode consultarse a cualificación obtida en cada unha das áreas, vendo a nota numérica, a súa correspondencia co termo correspondente e unha representación gráfica. |
|
Ademais de poder consultar as cualificacións obtidas, pode solicitarse un informe dos resultados en formato PDF que poderá ser descargado ou impreso posteriormente. Este informe é idéntico ao que se facilitaba en formato papel desde os centros. Pasos a seguir:
- Desde o mesmo apartado premer en "Solicitar informe de avaliación".
- Aparecerá o aviso de que se fixo a solicitude e que en breve estará dispoñible.
- Chegará unha notificación ao móbil (no caso de telas activadas) avisando de que o informe está dispoñible.
- Ao abrir o aviso, desde o apartado de cualificacións onde se fixera a solicitude estará dispoñible a descarga do informe en PDF.
|
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |
Imaxe
![]() |





