Perfil de usuario

Perfil de usuario

Unha vez autenticado co contrasinal, accede ao seu perfil no que poderá seleccionar o/a alumno/a sobre quen desexa facer algún tipo de consulta ou realizar algunha acción.

Imaxe
Perfil

 

Imaxe
Perfil
Unha vez autenticado co contrasinal, accederá ao seu perfil no que poderá seleccionar o/a alumno/a sobre quen desexa facer algún tipo de consulta ou realizar algunha acción. Selecciónase o/a alumno/a pulsando sobre o seu nome. Premendo sobre a icona da imaxe do/a alumno/a na app poderase personalizar.

Imaxe
Perfil
Imaxe
Menú

 

 

Pulsando sobre o botón de menú (identificado con 3 raias horizontais) pódese acceder á información relativa ao/a alumno/a e acceder a todas as funcionalidades dispoñibles.

 

  • Cualificacións
    Acceso ás cualificacións do presente curso escolar
  • Faltas
    Acceso ás faltas de asistencia e de conduta
  • Avisos e incidencias
    No caso de recibir algún aviso ou incidencia que non viramos teremos unha advertencia visual de non lido.
  • Horarios
    Horarios coas materias e docentes de cada día da semana.
  • O centro
    Datos de contacto do centro.
  • Calendario
    Acceso ao calendario escolar con días lectivos e non lectivos.
  • Mensaxería
    Poderanse consultar as mensaxes, responder se temos dispoñible esa opción e participar nas salas, de ser o caso.
  • Titorías
    Servizo para solicitar titorías e visualizar as que temos xa concertadas.
  • Transporte
    Información relacionada co uso do transporte escolar, no caso de ser usuario/a.
  • Descarga de documentos
    Servizo de descarga de documentos.
  • Escolarización
    Resumo da escolarización do alumno/a ao longo do tempo.
  • Denunciar contido
    Permite advertir sobre un uso non axeitado da ferramenta ou das comunicacións. Este apartado non é o adecuado para outro tipo de problemas técnicos ou para comunicar cuestións relativas ao centro. Esta información non será recibida polo centro.
Imaxe
Perfil