Acceso ao espazo

Acceso ao espazo

Unha vez que a persoa directora do centro está identificada no sistema, pulse sobre o menú espazo Centros que poderá ver na banda vertical da esquerda da pantalla.

Imaxe
Espazo centro

Neste espazo Centros, poderá acceder ás seguintes funcionalidades:

  • Avisos a colectivos
    Xestión de avisos a colectivos permitiralle crear, modificar e eliminar aquelas notificacións que desexe realizar ao colectivo de responsables e/ou do profesorado pertencentes ao seu centro educativo.
  • Avisos a grupos
    Xestión de avisos a grupos permitiralle crear, modificar e eliminar aquelas notificacións que desexe realizar aos responsables e persoas titoras de grupo/s do centro.
  • Comunicacións individuais
    As comunicacións individuais permitiranlle transmitir avisos ás peroas responsables do alumnado.
  • Autorizar usuarios
    Permite autorizar a outros usuarios para acceder a este espazo.
  • Aprobador de faltas
    Permite seleccionar quen é o responsable de autorizar a xustificación de faltas.
  • Informes
    Permite descargar informes relativos ao centro.