Aviso a grupos

Aviso a grupos

Ao premer desde a pantalla incial en Avisos a grupos poderase crear un aviso que se pode dirixir a diferentes grupos do centro.

Imaxe
Aviso a grupos

Para xerar o aviso haberá que:

  • Seleccionar destinatario: seleccionar grupo(s) a quen vai dirixido o aviso..
  • Data inicio validez: cando comeza o aviso
  • Data fin validez: cando remata a validez do aviso.
  • Aviso: de que trata o aviso. Coma un asunto nun correo electrónico.
  • Observacións: descrición do aviso.

Ao completar os datos anteriores premer en Gardar para que o sistema envíe automaticamente o aviso ao(s) grupo(s) seleccionado(s).

Ao rematar co proceso poderanse ver os avisos a grupos creados.

Imaxe
Aviso a grupos