Comunicacións individuais

Comunicacións individuais

Ao premer en comunicacións individuais poderanse ver as comunicacións creadas, o grupo ao que pertence o alumnado, o asunto da comunciacion e a data de publicación. Para ver máis detalles da comunicación haberá que premer en Ver detalle.

Imaxe
Comunicacións Individuais

Ao premer en Ver detalle ademais de ver o contido da comunicación poderase consultar se esta foi lida ou non polas persoas responsables en abalarMobil ou no espazoAbalar.

Imaxe
Destalles Comunicación

Para crear unha comunicación individual deberemos desde a pantalla inicial de Comunicacións Individuais premer en Crear comunicación.

En primeiro lugar deberase seleccionar o grupo. A continuación poderase ver o alumnado do grupo e as persoas responsables e se están suscritos ou ben á aplicación web ou ben á aplicación móbil. No caso de estar suscrito a algunha das dúas, a aplicación habilita a posibilidade de Crear comunicación.

Imaxe
Comunicación individual

Na seguinte pantalla deberase definir:

  • Comunicación: o tema do que trata a comunicación.
  • Observacións: a descrición da comunicación.
  • Destinatarios: no caso de que dúas persoas responsables do/a neno/a poida recibir a información poderase seleccionar a unha das dúas persoas ou ben ás dúas.

 

Imaxe
Comunicación

Finalmente premer en Gardar para que quede rexistrada a comunicación e sexa enviada ás persoas destinatarias.