Espazos
Xa está dispoñible en abalarMóbil e espazoAbalar unha nova funcionalidade para as familias, que permite descargar o informe de avaliación en formato PDF.
Para acceder a este servizo, deben entrar no apartado “Cualificacións” e seleccionar “Solicitar informe de avaliación”. Unha vez realizada a solicitude, recibirán ao cabo duns minutos, unha notificación push indicando que o documento xa está dispoñible para a súa descarga.
Inicialmente, esta funcionalidade está habilitada para as ensinanzas de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Bacharelato e Ciclos Formativos de Grao D, e incorporarase progresivamente ao resto de ensinanzas en próximas versións.
Pódese consultar toda a información sobre abalarMóbil no portal espazoAbalar: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil
Neste mesmo espazo tamén está dispoñible o manual de uso en formato PDF: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/abalarmobil/descarga-manual-pdf
