Espazos
Un panel dixital interactivo e multitáctil
Todas as aulas E-Dixgal están equipadas cun panel interactivo multitáctil, que ven a substituír os tradicionais kits de aula dixital compostos por un encerado dixital interactivo, un videoproxector, un ordenador de aula e altofalantes, xa que integran completamente as funcionalidades anteriores e supoñen unha mellora significativa das mesmas.

Un portátil por aula
Para os docentes estará dispoñible un portátil HP ProBook 450 (Gx), Lenovo Thinkpad L540 ou o Acer Travelmate P259, todos cunhas características técnicas adaptadas ás súas necesidades.
Os portátiles forman parte da aula dixital, polo que o docente terá que utilizar o portátil que lle corresponda segundo a aula na que estea a impartir a clase.

Un armario para a carga dos equipos
O sistema de carga de portátiles está dotado dun programador que permite configurar o período de carga dos equipos o que posibilita programar a carga dos equipos en horario non lectivo.
O armario de carga tamén pode ser utilizado como un reforzo multimedia xa que o seu caixón superior dispón, ademais dos mandos de control de carga, a conexión para o sistema multimedia.
Tamén permite obter dúas saídas de son amplificadas, situadas nos laterais do armario de carga. Así, mediante a combinación de panel dixital e o equipo portátil, o sistema convértese nunha completa estación multimedia desde a que é posible realizar calquera presentación reforzada con capacidades multimedia.
O sistema de son atópase amplificado, polo que non é necesario realizar un axuste específico de son para o control do seu sistema de son. Para regular o volume do seu sistema tan só necesita axustar o seu equipo multimedia ata o nivel que considere adecuado.
O proceso de carga pode ser detido en calquera momento mediante a pulsación do botón vermello situado no panel de control.
O sistema conta con ventilación forzada para a extracción do aire quente que se xera durante a carga por iso debemos ter especial coidado na súa localización para manter libres os accesos a estas zonas.

Rede Wifi
A xestión e configuración das redes establecerase directamente dende a Consellería de Educación. Estes puntos de acceso son equipos hardware da marca Aruba Networks (125, 134 e 215) configurados en redes WIFI e que fan de intermediario entre o ordenador e a rede externa. Así mesmo, permitirán aproveitar as vantaxes das redes de alta velocidade e centralas nos docentes e alumnos.
