Equipamento

Equipamento
Imaxe
eqipamento EDIXGAL

Todo o alumnado participante dispón dun PC Portátil HP ProBook x360 11 G1 EE, HP ProBook x360 11 G5 EE ou Lenovo ThinkPad Yoga 11e 5Th G (todos os modelos co mesmo sistema operativo, as mesmas aplicacións e características e prestacións similares).

Estes equipos poden ser empregados como portátil ou como tableta, son táctiles e traen integradas un amplo conxunto de aplicacións educativas agrupadas por categorías como imaxes en 3D de planetas, táboa periódica ou editor de moléculas para ciencias, dicionarios, apps de experimentos e circuítos eléctricos para física ou de operacións e gráficas para matemáticas, entre outras. Desde o equipo pódese acceder ao entorno virtual de aprendizaxe (EVA), tanto en modo conectado (on-line) como en modo sen conexión (a través do cliente off-line instalado no equipo).

Que se pode facer co portátil?

O equipo cedido ao alumnado é para uso persoal e educativo, empregándoo para seguir o proceso de ensino aprendizaxe e para realizar as tarefas educativas indicadas polo profesorado. Non se poderá usar o equipo para ningún outro uso persoal distinto da actividade educativa. Tampouco se poderá ceder a terceiras persoas. O uso non permitido do equipo será recollida como conduta contraria á convivencia nas normas de organización e funcionamento.

Que outras normas se deben seguir no uso do equipo?
  • Non se poderá manipular o ordenador nin o software instalado.
  • Deberá informarse ao/á titor/a do curso de calquera dano observado no equipo.
  • O alumnado deberá levar o ordenador ao centro todos os días, en boas condicións e coa batería cargada.
  • O ordenador deberá devolverse ao rematar o curso ou cando o centro o solicite para realizar calquera actuación ou tarefas de mantemento, etc.
  • O profesorado e o/a coordinador/a E-Dixgal do centro poderán inspeccionar o ordenador cando o estimen oportuno, co fin de constatar o seu estado.
Quen é o responsable do equipo?

A responsabilidade do correcto coidado do equipo e do seu bo uso recae nos/as pais/nais/titores/as legais, que deben responder do perda ou do seu mal uso. As avarías que podan producirse na utilización diaria do equipo, que non sexan debidas a un uso inadecuado, están recollidas nos supostos de garantía do equipo, e polo tanto deben comunicarse e solventarse a través das distintas canles do Servizo de soporte Premium

Pódese asegurar o equipamento do meu alumnado?

Si, existe a posibilidade de contratar un seguro para o equipamento de xeito voluntario.

  • O seguro cobre:
    • Rotura de calquera compoñente do equipo (pantalla, carcasa, teclas, bisagras, conector de alimentación, outros conectores,...)
  • O seguro non cobre:
    • Roubo ou perda do equipo, tanto do portátil coma do cargador de alimentación ou do lapis.
    • Rotura do lapis ou da punta deste