Espazos

O entorno virtual de aprendizaxe (EVA) do proxecto E-Dixgal é unha plataforma baseada en moodle que permite a creación de aulas virtuais de forma similar ás aulas virtuais do proxecto websdinámicas. A través desta contorna, o alumnado e profesorado ten acceso a contidos dixitais e recursos educativos que permiten un ensino e aprendizaxe interactivo e personalizado.
O rexistro e a creación de espazos/aulas virtuais para cada unha das materias realízase de xeito automático unha vez que os datos da matrícula de alumnado, creación de grupos, asignación do profesorado a cada materia e grupo estean cubertos na aplicación XADE.
O enderezo para acceder ao EVA Online é: https://eva.edu.xunta.gal
Existe tamén unha versión Off-line que resulta unha ferramenta moi útil cando non se ten a posibilidade de conectar a internet, permitindo acceder aos contidos sen conectividade. Os dispositivos, tanto do profesorado coma do alumnado, xa dispoñen a aplicación instalada na sección "Educación" do Escritorio Abalar.
