Espazos

Unha ferramenta estable e consolidada que xa está integrada por defecto na versión Abalar 11 e que tamén se ofrece como instalación opcional para a versión Abalinux 11 (maqueta libre).
Un procedemento consolidado de xestión e mantemento que permite manter actualizadas as necesidades de bloqueos ou autorizacións de acceso a sitios específicos de forma periódica, cun protocolo centralizado que recibe as necesidades e analiza o impacto das mesmas.
Funcionalidades básicas:
- Filtrado de contidos
- Filtrado de contido inapropiado usando Blacklist e Whitelist.
- Filtrado por categorías
- Configuracións precisas para filtrado de sitios web por categorías.
- Funciona indistintamente tanto no centro educativo como no domicilio.
- Filtrado da actividade
- Evita accesos non autorizados a sitios con información sensible.
Para máis información premer aquí e descargar o documento explicativo (PDF).
- Que condicións se teñen que dar para que sexa operativa a navegación segura?
-
Os equipos teñen que estar clonados coa versión 11, ou posterior, da maqueta Abalar. Unha vez actualizado o equipo á versión da maqueta mencionada, desde ese equipo estará operativa a funcionalidade de navegación segura, ben dentro do centro educativo ou desde calquera espazo no que dispoña de conexión a internet.
- Que se pode facer no caso de que o alumnado acceda a un espazo ou web pouco axeitado?
-
Unha vez identificado o espazo web con contido pouco axeitado para o alumnado poñelo en coñecemento do Soporte Premium.
- E no caso de haber un contido educativo que está limitado, como se pode facer para acceder a ese contido?
-
Habería que notificar ao Soporte Premium esa URL ou enderezo web e a necesidade de acceso ou a idoneidade do recurso.