Información para as familias

Información para as familias
Imaxe
Info familias

O proxecto E-Dixgal proporciona aos centros educativos e á súa comunidade educativa as ferramentas e recursos necesarios para implementar un proxecto educativo dixital. Este proxecto baséase nun modelo híbrido que combina os métodos tradicionais cos recursos, ferramentas e contidos dixitais.

Este modelo ten tres principais vantaxes:

  • Interacción: Os estudantes poden aprender de forma personalizada e dinámica utilizando recursos multimedia, actividades interactivas e establecer canles de comunicación co profesorado e o resto do alumnado que lle permitirán o traballo colaborativo
  • Contacto directo: Os materiais analóxicos, como libros e cadernos, seguen desempeñando un papel esencial no desenvolvemento de habilidades como a escritura manual e naqueles momentos que o profesorado considere oportunos.
  • Flexibilidade pedagóxica: Os docentes poden adaptar as súas estratexias ás necesidades dos alumnos, mesturando o ensino tradicional e dixital para fomentar un maior compromiso e aprendizaxe.

Con este enfoque, a tecnoloxía compleméntase coas prácticas tradicionais en lugar de substituílas, garantindo unha educación onde se combina o ensino tradicional cos novos desafíos dixitais.

As aulas dixitais están equipadas para ofrecer ao alumnado unha experiencia educativa adaptada ás necesidades duns/as rapaces/as que se desenvolven nunha contorna tecnolóxica.
O alumnado ten á súa disposición os contidos de todas as materias do seu curso nunha plataforma virtual de aprendizaxe. Pode acceder a esta plataforma desde calquera ordenador con conexión a internet empregando as claves de acceso que se lle proporcionan no seu centro educativo.
Tamén existe a posibilidade de acceder aos contidos sen necesidade de ter conexión a internet, a través dunha aplicación xa instalada no portátil E-Dixgal. Deste xeito, aínda no caso de non dispoñer de conexión a internet no domicilio, o/a alumno/a poderá seguir o curso sen dificultade.

 

FOLLETO INFORMATIVO PARA AS FAMILIAS

 

 
 
Remote video URL
 
 
Remote video URL
 
 
Remote video URL