Espazos
- Reunión informativa para as familias
-
Imaxe
Para o correcto desenvolvemento do proxecto E-Dixgal no centro educativo, resulta fundamental que as familias estean debidamente informadas de todos os aspectos do proxecto que lles afectan.
Neste portal, no espazo adicado á información para as familias, están dispoñibles folletos informativos en formato PDF. Neles ofrecen detalles sobre o proxecto, vídeos explicativos e o seguro que as familias poden contratar para os dispositivos do alumnado.
É moi importante que ao principio de cada curso escolar e sempre que se considere necesario, o centro educativo convoque reunións informativas nas que se explique o funcionamento do proxecto ás familias do novo alumnado que se incorpora aos niveis E-Dixgal.
Como aspectos a destacar, entre outros, os centros tamén poderán comentar a responsabilidade das familias sobre o equipamento que manexan os/as seus/súas fillos/as e a posibilidade de contratar un seguro.
Consulta e descarga o Folleto informativo para as familias
- Recepción de equipamento no centro
-
Imaxe
Ao principio de cada curso, o centro recibirá os equipos que precisa para poder dotar dun portátil ao alumnado dos niveis E-Dixgal. O envío de equipamento faise de xeito automático e programado durante o mes de setembro segundo a matrícula rexistrada na plataforma XADE e non é necesario facer ningunha outra petición.
Isto implica a necesidade de que os centros teñan preparados os datos do alumnado na plataforma aplicación XADE o antes posible. A partir do mes de outubro xa non se realizan envíos programados, polo que no caso de precisar algún equipo máis por aumento de matrícula, os centros deberán contactar co servizo Premium para realizar a solicitude.
A persoa coordinadora E-Dixgal verá rexistrado o novo equipamento na aplicación de xestión, e seguirá as indicacións do manual dispoñible no menú superior da aplicación para poder descargar os acordos de cesión do equipamento ás familias. O equipo cedido ao alumnado, é para uso persoal e educativo, é dicir, o alumnado empregará o equipo para seguir o proceso de ensino aprendizaxe e para realizar as tarefas educativas indicadas polo profesorado.
Recoméndase etiquetar cada equipo co nome do alumno/a e a referencia do número de serie, é dicir, o mesmo dato que se inclúe no documento de cesión.
- Acordo de cesión do equipo
-
Imaxe
Consideracións sobre o acordo de cesión
Co equipo que se cede ao alumnado, á familia entrégaselle un acordo de cesión do equipo onde se indican os datos concretos do equipo que se lle asigna ao seu fillo/a, identificando de forma clara a marca, modelo e número de serie.
As familias que non desexen asinar o documento de cesión do equipo, igualmente seguirán tendo as mesmas responsabilidades sobre os posibles danos causados ao equipo que lles foi asignado.
Normativa legal de referencia:
Artigo 13. “Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa.“
Artigo 35. "Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar".
O alumnado cuxas familias non asinen este documento de cesión non poderán facer uso do equipamento que lles foi asignado fóra do centro educativo.Xestión do acordo de cesión
Unha vez obtidos os acordos de cesión asinados polos responsables do alumnado, escanearanse e subiranse á aplicación de xestión.
Esta mesma aplicación usarase para a solicitude e xestión do equipamento para o profesorado que imparta docencia en niveis E-Dixgal en centros públicos.Incumprimento dos termos do documento
A utilización non permitida do equipo ou o incumprimento dos termos expresados no documento poderán ser contemplados como conduta contraria á convivencia nas normas de organización, funcionamento e convivencia, se o centro educativo así o decide. - Equipo E-Dixgal do alumnado
-
Imaxe
Todo o alumnado dos niveis E-Dixgal dispón dun ordenador portátil co mesmo sistema operativo e as mesmas características técnicas, as mesmas aplicacións e prestacións similares.
No centro educativo, a conexión á rede WIFI Abalar é automática, polo que non é necesario que o/a alumno/a faga ningún tipo de configuración.
No fogar, o alumnado pode conectar o seu equipo a unha rede WIFI como faría con calquera dos seus dispositivos persoais. Ademais, o EVA ofrece a opción de traballar sen conectividade, permitindo o uso de materiais e ferramentas en modo off-line. O alumnado tamén ten a liberdade de decidir onde almacenar o seu equipo: pode deixalo no centro, gardado no armario de carga, ou transportalo diariamente ao seu domicilio para empregalo na casa se fora preciso. Esta flexibilidade favorece tanto o acceso á aprendizaxe coma a comodidade dos estudantes e das familias.
Responsabilidades sobre o equipo E-Dixgal.
A responsabilidade do correcto coidado e do uso do equipo recae nos pais/nais/titores legais, respondendo da perda do ordenador, do seu mal uso ou dos danos producidos no equipo (que supoña dano de calquera elemento do ordenador non contemplado na garantía).
Isto non inclúe as avarías que poidan producirse na utilización diaria do equipo e que estean recollidas na propia garantía.
- Equipo E-DIXGAL do profesorado
-
Imaxe
O profesorado de centros públicos que imparte unha materia E-Dixgal pode solicitar un portátil que lle será cedido en modalidade de préstamo mentres continúe impartindo a súa materia en dixital.
A solicitude farase a través da aplicación de xestión, a principio de curso, durante os meses de setembro e outubro.
Este equipo está asociado a unha materia dixital, polo que o profesorado cederá o seu portátil á persoa que o substitúa no caso de baixas médicas, permisos, .. etc.
Ao final de curso se o profesorado continúa no centro nas mesmas condicións non precisa devolver o equipo, o resto de docentes deben entregalo á persoa coordinadora. O portátil E-Dixgal é de uso persoal, non debe utilizarse como portátil de aula ou para outros usos alleos ao seu labor docente.
Xestión por parte da persoa coordinadora E-Dixgal
Durante os meses de setembro e outubro deberase indicar na aplicación de inventario se o profesorado quere ou non o portátil. Se cambian as condicións para que o profesorado poida dispoñer do equipo, débeselle solicitar a devolución. Na aplicación verase o profesorado ao que non lle corresponde un equipo e tamén o profesorado que aínda non o ten asignado. Unha vez recibidos no centro os equipos, o proceso de asignación e préstamo é similar ao do alumnado
- Xestión de incidencias
-
Este servizo determinará se a incidencia está cuberta pola garantía do equipo ou se, polo contrario, débese a un dano provocado por parte do alumnado. No caso de que a incidencia estea cuberta pola garantía ou o equipo teña contratado o seguro, o servizo de soporte Premium proporcionaralle ao/a alumno/a un equipo de substitución mentres o equipo orixinal estea en reparación no servizo técnico. Noutras circunstancias, o centro educativo poderá decidir cederlle temporalmente ao/a alumo/a un dos equipos de reserva do centro.
SERVIZO PREMIUM
Calquera problema de funcionamento, desperfecto, perda ou roubo do equipamento E-Dixgal comunicarase o antes posible ao Servizo Premium:
Teléfono: 881 86 99 00
Correo electrónico: soporte.premium@edu.xunta.gal
WhatsApp: 604 06 78 56
Telegram: @ServiciopremiumedixgalNECESIDADES ATENDIDAS POLO SERVIZO PREMIUM
- Comunicación e resolución de avarías sobre o equipamento do proxecto.
- Comunicación e resolución de incidencias ou problemas técnicos sobre o entorno virtual de traballo e os contidos dixitais ofrecidos no dito entorno.
- Tipos de incidencias
-
Danos estéticos e danos considerados como roturas ou desperfectos importantes do equipo.
No caso de que o Servizo Premium determine que a incidencia non está cuberta pola garantía e o equipo non teña contratado un seguro, informará ao centro e ás familias sobre as vías de reparación ou substitución do equipo. Os danos que o Servizo Premium determine como estéticos non serán considerados como roturas ou desperfectos importantes do equipamento, polo que as familias do alumnado non estarán obrigadas á súa reparación.
A persoa coordinadora E-Dixgal deixará constancia deste tipo de danos estéticos nos documentos de cesión da aplicación de xestión de equipamento, ao principio e final de cada curso, de maneira que exista un rexistro documental do estado do equipo e queden perfectamente identificados cada un destes danos.
Aqueles aspectos relacionados coas incidencias que precisen asesoramento poderán ser consultados coa persoa asesora Abalar de zona (AMTEGA).
Algúns exemplos de danos que poderían considerarse de tipo estético:
ImaxeImaxeImaxeImaxe - Recollida do equipamento ao final do curso
-
Ao remate de cada curso, as persoas coordinadoras E-Dixgal encargaranse de recoller o equipamento do alumnado e imprimir os documentos de devolución na aplicación de xestión.
Antes de que as familias do alumnado asinen estes documentos, é importante que se revisen os equipos coidadosamente para comprobar a súa integridade e o seu correcto funcionamento, comunicando inmediatamente ao Servizo Premium calquera incidencia detectada.
No momento da recollida do equipo, anotarase a man no apartado de observacións do documento de acordo de recollida os problemas que presenta (roturas, sen lapis, sen cargador ) antes de que asine a familia. Recoméndase recoller o portátil en calquera caso e poñerse en contacto co servizo Premium para que abran unha incidencia e quede constancia do problema.
Seguirase o protocolo establecido no propio centro, se existe, para os casos nos que as familias non se fagan responsables dos danos producidos polo alumnado aos equipos.
Cando o alumnado E-Dixgal vai continuar no centro o vindeiro curso, poderá manter o equipo na súa posesión durante o verán, se así o desexa, ou, se a dirección do centro lle ofrecera esa posibilidade, deixalo no centro educativo nas condicións específicas de custodia que a dirección do centro estableza.
O alumnado que non vai continuar no centro educativo deberá deixar o seu equipo no centro a finais do mes de xuño. Durante o verán, os técnicos do Servizo Premium desprazaranse ao centro para levar a cabo a clonación destes equipos de xeito que queden preparados para a súa cesión ao novo alumnado o vindeiro curso.
Tamén deberán recollerse os portátiles do profesorado que decida deixalo no centro ou que non teña docencia en E-Dixgal no seguinte curso.
Podes descargar toda esta información no seguinte documento en formato PDF