Nova versión do EVA Edixgal

O novo entorno on-line EVA Edixgal agora preséntase cun deseño totalmente renovado, pensado para ofrecer unha mellor experiencia de usuario e un acceso máis fácil e rápido a todos os menús e funcionalidades da plataforma.

As novas barras de navegación superiores permiten liberar espazo na parte central da pantalla, de maneira que se amplía o espazo dispoñible para a visualización dos contidos permitindo un acceso rápido e fácil a algunhas áreas como o teu escritorio, as túas materias ou o taboleiro.

Activar o modo edición no EVA agora resulta máis fácil ao engadir un botón na barra superior fixa, de tipo interruptor, onde podemos habilitalo e deshabilitalo cun só clic.

Imaxe
Botón de edición

Novo botón de edición
Máis accesible e cómodo.

Imaxe
Menú de navegación

Novo índice da materia
Acceso rápido aos temas.

Imaxe
EVA Edixgal

 

A barra lateral esquerda nesta nova versión está reservada en exclusiva para os accesos directos ao contido da materia, temas e seccións, posibilitando así que cualquera contido sexa accesible cun só clic. O acceso ás principais accións dispoñibles sobre as materias sitúanse nunha segunda banda superior horizontal de menús que se mostra automáticamente cando o usuario accede a unha materia.

 

Liña de tempo

Controla facilmente as datas límite de todas as túas tarefas cunha liña de tempo integrada no taboleiro do propio usuario.

Imaxe
Liña de tempo

Arrastrar e soltar

Agora é posible mover calquera dos elementos do índice da materia ou da área central de contidos cun movemento de arrastrar e soltar.

Imaxe
Arrastrar e soltar

Novo deseño das iconas

Novas iconas redeseñadas con codificación por cores para axudar a identificar visualmente a función principal de cada actividade.

Imaxe
Iconas redeseñadas