O Proxecto EDixgal, recibe o Premio Socinfo Dixital “EDUCACIÓN TIC”
Imaxe
Socinfo

 

O xurado dos Premios Socinfo Digital “EDUCACIÓN TIC”, organizados pola Revista Sociedade da Información Dixital, concedeu un premio ao Proxecto EDixgal na categoría “Servizos Dixitais para a Comunidade Educativa”.

A entrega do mesmo tivo lugar en Madrid, este mércores 28 de febreiro, no Instituto Nacional de Administración Pública (INAP), dentro da Xornada “Transformación Dixital Educativa: estado e retos”, un encontro destinado a responsables TIC do sector público e privado con capacidade de decisión, prospección tecnolóxica e definición estratéxica.

O obxectivo da convocatoria destes Premios, para a Revista Sociedade da Información Dixital, é divulgar proxectos de desenvolvemento das Tecnoloxías da Información e Comunicación nas Administracións Públicas aplicadas nos servizos á cidadanía e recoñecer o labor esencial e ben feita por parte dos profesionais do sector cun incentivo como é o outorgamento público de Premios.

O Proxecto EDixgal proporciona, aos centros educativos sostidos con fondos públicos, a posibilidade de presentar un proxecto integral para a incorporación de materiais dixitais en todas as materias de 5º e 6º de educación primaria e/ou 1º, 2º, 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria.

No curso actual 2023/2024, máis de 64.000 estudantes de 630 centros educativos estanse a beneficiar desta iniciativa.

    https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal