Boas prácticas E-DIXGAL: proxecto de educación dixital

Un percorrido polas características e a evolución do proxecto E-DIXGAL, dende o seu inicio ata os retos do futuro.

Imaxe
Documento E-DIXGAL

Neste documento móstrase unha visión xeral de E-DIXGAL, abordando os aspectos máis destacables deste proxecto enmarcado dentro da Estratexia Educación Dixital 2030 da Xunta de Galicia.

 

Dende o curso 2014/2015, o proxecto E-Dixgal ofrece unha educación dixital para aulas de 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. No curso actual 2023/2024, máis de 64.500 estudantes de 630 centros educativos galegos benefícianse desta iniciativa.

E-Dixgal é unha aposta da administración galega pola dixitalización do ensino, con diferentes fases e unha evolución contínua, co obxectivo de dar resposta ás necesidades do momento, ás esixencias dunha sociedade cada vez máis dixitalizada e tamén ás expectativas do futuro.