Telefonía IP corporativa

Telefonía IP corporativa

A integración do servizo telefónico na rede corporativa da Xunta de Galicia (telefonía IP corporativa) permite aos centros dispoñer de una ampla gama de servizos e funcionalidades. Entre outras, este servizo ofrece as seguintes ventaxas:

  • Tarifa plana para todas as extensións e para todo tipo de tráfico. Esta tarifa plana non ten límites de volume de tráfico cursado e inclúe todo de tipo de chamadas, polo que tamén esta incluído o tráfico a móbiles e o tráfico internacional.
  • Homoxeneización do servizo telefónico entre os diferentes centros integrados, proporcionando funcionalidades idénticas en todos os centros.
  • Chamada directa entrante dende a rede pública para tódolos terminais da rede corporativa, o que facilita a comunicación dos usuarios.
  • Marcación curta sen prefixos entre tódolos terminais da rede corporativa.
  • Mantemento integral das infraestruturas que dan soporte ao servizo telefónico sen custo adicional para os centros, incluíndo os terminais, a rede interior dos edificios, a electrónica de rede, as liñas de comunicacións, as centrais de conmutación da rede...
  • Traslado gratuíto de extensións telefónicas dentro dun centro e tamén entre diferentes centros ou edificios.
  • Cambios de configuración e programación das extensións sen custo.
  • Teléfono único de avarías en servizo as 24h ao día e resolución gratuíta das avarías. 

  MANUAL BÁSICO DO TERMINAL DE TELEFONÍA

 

Imaxe
Telefonía IP