Espazos
"Espazo Titorías" ten como obxectivo facilitar a colaboración entre titores/as e profesorado para obter información do alumnado e preparar as titorías cos seus responsables.
O espazo titorías consta de dúas partes diferenciadas:
- Titor/a: pode solicitar un informe do/a alumno/a que desexe ao profesorado que proceda.
- Profesorado: profesorado ao que se lle solicita o informe, a cal consta dun apartado onde escribir o informe solicitado.
Acceso a "Espazo Titorías"
En primeiro lugar debemos pulsar sobre o botón "Acceso aos servizos" e unha vez autenticados no portal espazoAbalar coas credenciais corporativas, o acceso a este módulo de titorías realízase a través da lapela “Accións” previamente seleccionando coma titor/a ou coma profesor/a o grupo.
Se o usuario escolle un dos grupos dos que é titor/a entrará no modo de espazo de titorías de titor/a. Pola contra, se escolle un dos grupos dos que é docente, accederá no modo de espazo de titorías do profesorado.
Para acceder como docente a cubrir os informes solicitados por el/ela mesmo/a sobre o alumnado do/s grupo/s do/s que é titor/a, o titor/a, despois de escoller o grupo do que é titor e a continuación “Espazo titorías” na lapela “Accións”, debe premer no botón “Acceso Como Docente ao Grupo” que aparece na seguinte pantalla.
Manual do usuario de Espazo Titorías