Espazos

A plataforma Webs dinámicas permite a cada centro educativo dispor dunha aula virtual. As aulas virtuais son espazos dixitais de traballo que permite dispoñer dun espazo web online para organizar os contidos das unidades didácticas, repositorio de contidos e documentos, espazo de intercambio e comunicación entre profesorado e alumnado, e lugar de realización de tarefas por parte do alumnado, etc.
Ademais, estas aulas, ofrecen unha ampla flexibilidade á hora de importar e exportar actividades realizadas nos propios cursos ou noutras plataformas Moodle, e na exportación e importación de cursos, polo que calquera docente pode utilizar cursos xa elaborados, adaptando os contidos á realidade da aula.
Acceso ao servizo:
- https://www.edu.xunta.gal/centros/nomedocentro/aulavirtual
Manuais:
- Guías rápidas
- Documentación para a persoa administradora da aula virtual
- Documentación para o profesorado editor de cursos
- Primeiros pasos para configurar as aulas virtuais dun centro
Videotitoriais:
- Aula Virtual. Vídeo 1: crear cursos (plantilla Clean)
- Aula Virtual: Vídeo 2: crear etiquetas e engadir ficheiros (plantilla Clean)
- Aula Virtual. Vídeo 3: crear tarefas para o alumnado (plantilla Clean)
- Aula Virtual. Vídeo 4 : corrixir tarefas do alumnado (plantilla Clean)
- Aula Virtual. Vídeo 5 : creación e xestión de foros (plantilla Clean)
- Aula Virtual. Vídeo 6 : creación de actividades e probas (plantilla Clean)
Como solicitar este servizo:
Este servizo está dipoñible unicamente para centros públicos. Para solicitar que o centro dispoña deste servizo, debe remitirse desde a conta de correo do centro educativo, solicitude ao enderezo websdinamicas@edu.xunta.gal , indicando os datos de contacto do centro, código do centro e a persoa responsable no centro da páxina web. Remitiranse as credenciais para xestionar o portal á conta de correo do centro. Non se enviarán indicacións nin datos de acceso a contas persoais.
Contactar: