Espazos
Imaxe
|
Imaxe
|
Agueiro é unha plataforma en liña que a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e a Consellería Educación da Xunta de Galicia, ofrecen aos centros educativos galegos como ferramenta para poder crear a súa propia comunidade educativa dixital onde poderán participar tanto o profesorado como o alumnado do propio centro educativo.
Esta plataforma combina as funcionalidades de rede social educativa, portafolio dixital educativo e plataforma para o traballo colaborativo en liña, polo que Agueiro podería definirse tamén como un "PLE" (Personal Learning Environment) ou Entorno Persoal de Aprendizaxe.
Neste entorno, tanto os propios centros educativos como todo o profesorado dos centros de Galicia poden acceder ao seu espazo persoal en Agueiro con só introducir os seus datos de identificación corporativa, é dicir, o mesmo usuario e contrasinal que usa para acceder á súa conta de correo electrónico "...@edu.xunta.gal".
Así mesmo, os centros educativos poden habilitar as contas de acceso do seu propio alumnado, para que poidan dispoñer tamén do seu espazo persoal privado así como tamén do acceso a todas as funcionalidades propias deste entorno colaborativo.
Agueiro proporciona todas as ferramentas necesarias para a creación de páxinas, blogs, repositorio de ficheiros, repositorio de fotos, repositorio de vídeos, sistema de marcadores, sistema avanzado de etiquetado de contidos... tanto para usuarios/as individuais como para grupos.
Todos os/as usuarios/as de Agueiro poden crear grupos coas características que desexen: grupos abertos, pechados, ocultos, visibles, con acceso só con invitación, … etc. Os grupos proporcionan funcionalidades adicionais para os seus membros como son os foros de debate, a creación de boletíns de grupo, o correo interno do grupo e incluso existe a posibilidade de crear grupos relacionados.
- https://agueiro.edu.xunta.gal Enderezo web:
- agueiro@edu.xunta.gal Correo electrónico: