Correo corporativo @edu.xunta.gal

Correo corporativo @edu.xunta.gal
Imaxe
Correo electrónico

 

O servizo de correo corporativo @edu.xunta.gal, ofrece a todos os docentes en activo unha caixa de correo con 2GB de capacidade, accesible a través de clientes de correo ou mediante web.

 

Acceso ao servizo a través de cliente web:

 

Acceso ao servizo mediante clientes de correo:

  •   Configuración do servidor de entrada do correo (IMAP):
    • Enderezo de correo: <conta>@edu.xunta.gal
    • Usuario: <conta>@edu.xunta.gal
    • Identificación: contrasinal normal
    • Servidor IMAP: imap.edu.xunta.gal
    • Porto: 993
    • Seguridade: SSL o TLS

 

  •   Configuración do servidor de saída do correo (SMTP):
    • Usuario: <conta>@edu.xunta.gal
    • Identificación: contrasinal normal
    • Servidor SMTP: smtp.edu.xunta.gal
    • Porto: 587
    • Seguridade: STARTTLS (se o seu cliente ou terminal non dispón desta opción de seguridade, debe empregar TLS o SSL, en esta orde de preferencia)

 

  Como solicitar este servizo:

  • Este servizo está dipoñible para todos os docentes de centros públicos e concertados en activo.

 

  Como recuperar o contrasinal:

 

  Videotitoriais e documentación:

  • Como activar a conta e/ou cambiar o contrasinal:
     
    Remote video URL
  • Como cambiar o contrasinal utilizando o PIN:
     
    Remote video URL
  • Como cambiar o contrasinal se non se recorda o antigo, a través dun PIN remitido ao móbil:
     
    Remote video URL
  • Erros máis habituais ao cambiar o contrasinal:
     
    Remote video URL
  • Documentación

 

  Consellos de uso seguro do correo electrónico corporativo:

A continuación recóllense algunhas recomendacións que se deben ter en conta á hora de empregar o servizo de correo electrónico corporativo @edu.xunta.gal

  • É importante fixarse ben á hora de escribir ou seleccionar os destinatarios dun correo electrónico, asegurándose de que se indicaron correctamente para evitar o envío involuntario de información sensible a destinatarios non desexados.
  • Cómpre valorar evitar facer visibles outras contas de correo electrónico internas cando se envíen correos electrónicos a destinatarios externos á organización. Pódese utilizar o campo CCO para incluír destinatarios de correo sen revelar os seus enderezos.
  • Cando se reenvíen correos electrónicos que foron dirixidos a varios destinatarios inicialmente, valorar se é preciso incluír as direccións dos destinatarios da mensaxe orixinal na mensaxe redirixida, borrando se é necesario esta información do corpo da mensaxe reenviada.
  • Co fin de evitar o correo masivo non solicitado evitarase facilitar a dirección de correo electrónico a descoñecidos, darse de alta en foros ou páxinas web non institucionais, ou contestar a correos non solicitados ou de descoñecidos que resulten sospeitosos.
  • Non está permitido o envío e recepción de correos electrónicos que conteñan arquivos executables adxuntos (.EXE), estean estes comprimidos en ficheiros .ZIP ou non.
  • Debese evitar o envío de ficheiros adxuntos e substituílo polo uso de ligazóns aos ficheiros correspondentes.
  • O correo electrónico non garante a autenticidade do remitente, polo que se recomenda verificar por outros medios a validez dos correos sospeitosos. Desconfiar sempre dos correos electrónicos inesperados, mal redactados ou enviados por descoñecidos.
  • No caso de ter dúbidas sobre a orixe ou posible natureza do correo electrónico, aconséllase proceder á súa eliminación. Se coñecemos á persoa que nos remite o correo, é preferible contactar con el/ela para confirmar a autenticidade do correo antes que arriscarse a abrilo e sufrir os efectos dun software malicioso.
  • Debese evitar abrir ligazóns a páxinas web externas desde o propio correo.

 

 

Condicións de uso do correo electrónico corporativo:

O servizo de correo electrónico corporativo @edu.xunta.gal debe utilizarse con fins profesionais. Sen tratarse dunha lista exhaustiva dos usos indebidos, a continuación  se indican varios usos que para os que en ningún caso se poderá utilizar o servizo indicado:

  • A difusión de mensaxes ofensivos ou discriminatorios.
  • Para expresar opinións persoais en foros temáticos fóra do ámbito das administracións.
  • Para darse de alta en portais ou aplicacións alleas ás tarefas propias do exercicio das funcións encomendadas (redes sociais, xogos en liña, foros, etc.).
  • Para a difusión masiva non autorizada; subscrición indiscriminada a listas de correo ou calquera ataque co obxecto de impedir ou dificultar o servizo de correo.
  • O inicio ou reenvío de mensaxes de tipo cadea (como aqueles que solicitan a súa difusión a outros destinatarios).
  • A distribución intencionada de código malicioso.
  • Gardar información relevante da organización soamente nos cartafois  do correo. Sobre este uso, recalcar que toda a información relevante debe ser extraída do correo e incorporada aos sistemas de ficheiros, aplicacións, portais de colaboración, sistemas de xestión documental ou outros puntos de almacenamento en rede habilitados ao efecto.
  • Non se poden usar plataformas de correos externas (Gmail, Hotmail,…) para xestionar ou redirixir as contas de correo corporativo @edu.xunta.gal
  • Non está permitido o envío de información confidencial a contas de correo persoais que poida ter a persoa usuaria en plataformas non xestionadas pola Administración Xeral e do sector público autonómico de Galicia, por exemplo contas de correo persoais da persoa usuaria en provedores de servizo de correo en Internet (Google, Microsoft, Yahoo, etc.).
  • Débese respectar a normativa de protección de datos de carácter persoal, especialmente cando se envían datos persoais de nivel alto, que deberán cifrarse antes do seu envío por correo electrónico, sendo en todo caso responsabilidade do usuario facelo.