App abalarPro para o profesorado

App abalarPro para o profesorado
Imaxe
abalarPro

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ademais do portal espazoAbalar, ofrece abalarPro. Trátase dunha aplicación para o persoal docente que vai permitir consultar e enviar mensaxes ás familias a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.  

Esta aplicación nace no contexto do Proxecto Abalar, un compromiso da Administración galega coa cidadanía, no ámbito da integración das novas tecnoloxías na práctica educativa, para acadar unha resposta integral e de futuro aos retos que presenta a educación na sociedade dixital do século XXI. 

abalarPro únese así a abalarMóbil, unha aplicación para as familias que permite consultar a información de calquera dos seus fillos e interactuar co profesorado a través dos dispositivos móbiles. 

A aplicación abalarPro está dispoñible para todo o profesorado dos centros educativos de Galicia de educación infantil, primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos. 

Actualmente a descarga desta aplicación faise desde Google Play Store (se o sistema operativo é Android) e desde Apple Store (se o sistema operativo é IOS). 

 

Imaxe
Descarga app

 

 

  MANUAL DE USUARIO