Repositorio de ficheiros

Repositorio de ficheiros

O repositorio de ficheiros permite cargar calquera tipo de arquivo en Agueiro, independentemente do seu formato. 

Como no resto da plataforma, é posible filtrar por etiquetas os ficheiros cargados, así como restrinxir o acceso a determinadas persoas. Ademais, cada ficheiro pode conter comentarios.

Envío de ficheiros

Para acceder a esta sección, débese premer en “Ficheiros” no menú superior.

Imaxe
Ficheiros

Despois, débese premer no botón “+ Enviar un ficheiro".

 

Imaxe
Ficheiros

 

Deste xeito, acédese ao formulario de envío de ficheiros.

Para cargar o arquivo desexado, é preciso premer no botón “Examinar” e completar o campo “Título”.

Imaxe
Ficheiros

 

Na parte inferior existen varios campos importantes:

  • Descrición: o editor de texto permite engadir unha descrición que verán todas as persoas con acceso ao ficheiro.
  • Etiquetas: é posible engadir varias palabras para crear etiquetas que facilitarán a localización do ficheiro no futuro. Para crear una etiqueta, simplemente se debe escribir unha ou máis palabras engadindo unha coma ao final. Dese xeito, esa palabra ou grupo de palabras converteranse en etiquetas. Para borrar unha delas, basta con premer no símbolo “x” que aparece á súa dereita.
  • Acceso: trátase dun campo importante que establece que tipo de acceso ao ficheiro terán outras persoas usuarias da plataforma. 

Os tipos de acceso son:

  • Privado: acceso permitido unicamente á persoa que carga o ficheiro, o resto de persoas usuarias non poderán velo.
  • Contactos: o ficheiro só será accesible para as persoas que formen parte do grupo de contactos.
  • Usuarios conectados: só accesible para as persoas usuarias de Agueiro (aquelas que dispoñan de credenciais de acceso á plataforma).
  • Público: o ficheiro será accesible para calquera persoa, sen necesidade de credenciais para entrar en Agueiro.

Unha vez completados todos os campos, só queda premer “Enviar” para rematar de cargar o arquivo.

 

Lista de ficheiros

A sección “Ficheiros” amosará por defecto a lista de todos os ficheiros aos que a persoa usuaria ten acceso, podendo visualizalos clasificados do seguinte xeito:

 

Imaxe
Ficheiros

 

 

  1. Todos: todos os ficheiros do sitio (vista por defecto).
  2. Propio: ficheiros publicados pola persoa usuaria.
  3. Contactos: ficheiros publicados polos contactos da persoa usuaria.
  4. Icona de cuadrícula: permite alternar entre a vista de ficheiros en modo lista e en modo galería.

 

Imaxe
Ficheiros

 

 

A listaxe de ficheiros por defecto mostra información diversa e posibilidades de interacción sobre cada un deles:

 

Imaxe
Ficheiros

 

 

  1. Nome do ficheiro
  2. Autoría
  3. Data da última acción
  4. Tipo de acceso
  5. Tipo de arquivo
  6. Etiquetas asociadas
  7. Descrición
  8. Envío de comentarios
  9. Botón de "Gústame"
  10.  Menú adicional que permite:
  • Denunciar o contido do ficheiro ante a administración do sitio.
  • Editar o ficheiro.
  • Eliminar o ficheiro.
Imaxe
Ficheiros

 

Cómputo de comentarios e “Gústame”

Cando alguén publique un comentario sobre un determinado ficheiro, a persoa autora recibirá un correo de notificación (a non ser que ese tipo de notificacións estean desactivadas na configuración da conta). Ademais, a icona de comentarios mostrará o número de comentarios publicados até o momento. Premendo sobre ese número, pódese consultar a lista de comentarios e as persoas autoras de cada un deles. 

O botón “Gústame” ten un comportamento semellante.

 

Imaxe
Ficheiros

 

Detalle de ficheiro

Ao premer sobre o nome dun ficheiro, accederemos a una páxina onde é posible navegar entre os nosos propios ficheiros usando os botóns “Anterior” e “Seguinte”, publicar un comentario e realizar unha serie de accións usando a barra de ferramentas da parte superior dereita:

 

  1. Descargar: descarga o ficheiro no noso equipo.
  2. Silenciar notificacións: desactiva o envío notificacións cando alguén publique comentarios ou prema "Gústame".
  3. Editar: abre a páxina de edición do ficheiro.
  4. Menú de tres puntos verticais: mostra as opcións de informar de contido non axeitado á administración e de eliminar o ficheiro.

 

Imaxe
Ficheiro