Espazos
Cada persoa usuaria de Agueiro pode crear grupos de todo tipo: abertos, pechados, ocultos, visibles, con acceso só con invitación etc. Os grupos proporcionan funcionalidades adicionais que non están dispoñibles para cada integrante individual, como os foros de debate, os boletíns ou o correo interno do grupo. Ademais, tamén se poden crear grupos relacionados entre si.
Os grupos non teñen que estar formados necesariamente por varios membros, senón que cada integrante de Agueiro poderá crear grupos unipersoais para o seu uso persoal e exclusivo.
A continuación, descríbense os 6 pasos que deberás seguir para a creación dun grupo.
Paso 1: Premer no botón “Crear un grupo”.

Paso 2: Completar a lapela “Perfil”.

Paso 3: Completar a lapela “Imaxes”.

Paso 4: Completar a lapela “Acceso”.

Paso 5: Completar a lapela “Ferramentas”.

Paso 6: Completar a lapela “Configuración”.

Como engadir membros ao teu grupo
Despois de crear un grupo, podes decidir que persoas formarán parte del. En función da configuración de privacidade, cada participante poderá unirse libremente ou non.
No caso de que ti decidas quen formará parte do teu grupo, podes “Invitar” a cada persoa.

