Axenda de contactos

Axenda de contactos

Como crear unha axenda de contactos

Realiza unha busca da persoa usuaria que queiras engadir como contacto introducindo no buscador algún dos seus datos persoais, como o nome, os apelidos ou o enderezo electrónico. A continuación, preme sobre a icona de imaxe do seu perfil e selecciona a opción “Engadir contacto”.

Para que esa persoa pase a formar parte da túa axenda, debe aceptar a solicitude de contacto que lle acabas de enviar.

Por defecto, recibirás notificacións da actividade que realicen en Agueiro os teus contactos. 

Imaxe
Contactos

Como crear unha colección de contactos

Selecciona o menú “Contactos” no despregable do teu menú de usuario.

Imaxe
Contactos

 

Na parte inferior dereita da pantalla, preme a opción “Coleccións” e, a continuación, no botón “Nova colección”.

Imaxe
Contactos

Introduce un nome para a túa nova colección de contactos e selecciona, como mínimo, un dos teus contactos para que forme parte dela. Non poden existir coleccións baleiras, polo que, no caso de non seleccionar ningún contacto, Agueiro mostrará unha pantalla de erro cando pulses o botón “Gardar”.

Imaxe
Contactos

Para que serve unha colección de contactos

Unha colección de contactos convértese automaticamente nunha nova entidade coa que poder compartir os teus contidos. Se non tes ningunha colección creada, só podes compartilos coa totalidade dos teus contactos, coas persoas conectadas ou co público en xeral. Unha vez creadas coleccións, estas pasan a integrarse como novas entidades nos despregables “Lectura” e “Escritura”, para poder compartir con elas os contidos que desexes.

Imaxe
Contactos