Repositorio de fotos

Repositorio de fotos

O repositorio de fotos de Agueiro permite ás persoas usuarias subir fotos e clasificalas en álbums, para os que é posible configurar diferentes dereitos de acceso.

Para acceder a este apartado, débese premer en “Máis” e, a continuación, en “Fotos”. Na páxina principal, os álbums aparecen clasificados en tres lapelas:

  • Todo: álbums públicos de todas as persoas integrantes de Agueiro.
  • Propio: álbums creados pola persoa usuaria.
  • Contactos: álbums creados polos contactos da persoa usuaria.
Imaxe
Fotos

 

Antes de subir fotos, será preciso crear o álbum onde estarán recollidas, premendo en “Engadir álbum de fotos”.

Imaxe
Fotos

 

A cada álbum haberá que poñerlle un título e, ademais, poderase escribir unha introdución e tamén engadir etiquetas, do mesmo xeito que se explicou en apartados anteriores. Por último, estableceranse os permisos de acceso, dispoñendo das opcións habituais:

  • Privado
  • Contactos
  • Usuarios conectados
  • Público
Imaxe
Fotos

 

Para rematar, débese premer no botón “Gardar”.

Unha vez creado o álbum, é preciso seleccionar “Subir fotos”. A continuación, abrirase unha xanela emerxente onde se pode elixir algún dos álbums xa creados ou crear un novo.

Imaxe
Fotos

 

Imaxe
Fotos

 

É posible subir ata cinco fotos de xeito simultáneo, podendo ser arrastradas. Unha vez elixidas, prémese no botón “Subir fotos”.

Imaxe
Fotos

 

A continuación, permítese engadir un subtítulo e etiquetas para cada foto. Para rematar, prémese no botón “Gardar” que se atopa ao final da páxina.

Imaxe
Fotos

 

Unha vez creado o álbum, existe a opción de facer comentarios. Para iso, escríbese na caixa inferior e prémese en “Publicar Comentario”.

Imaxe
Fotos

 

Os comentarios engadidos veranse da seguinte maneira:

Imaxe
Fotos

 

Sobre un álbum xa creado, os botóns da parte superior dereita permiten realizar diferentes accións:

  1. Subir fotos: permite engadir outras cinco fotos.
  2. Icona Slideshow: mostra as fotos dunha en unha en tamaño grande.
  3. Editar: posibilita a modificación dos parámetros iniciais (título, descrición, etiquetas, acceso).
  4. Icona de puntos: permite subir novas fotos, cambiar a súa orde (desde o botón “Clasificar”), denunciar ou eliminar o álbum creado.
Imaxe
Fotos