Espazos
O Buscador
Agueiro inclúe unha caixa de procura dispoñible no menú do encabezado cando a sesión está activa. A procura realízase entre toda a información de Agueiro accesible para a persoa que está a buscar: blogs, páxinas, vídeos, fotos, debates, marcadores, etiquetas, boletíns, páxinas de perfil de usuarios/as e grupos, comentarios, mensaxes e ficheiros. Ademais, realízase nun sentido amplo, isto é, non só se limita a buscar nos títulos senón en calquera apartado que sexa visible.
Imaxe

O seu funcionamento é sinxelo:
- Escribes na caixa de procura as palabras chave que queres localizar. Se desexas unha procura exacta con máis dunha palabra, deberás poñer os termos de procura entre comiñas. Non se diferencian minúsculas de maiúsculas.
- Tras realizala, os resultados mostraranse agrupados segundo o seu tipo. Se premes na ligazón baixo cada epígrafe, podes acceder á páxina coa lista completa de resultados dese tipo. Tamén podes acceder a esa páxina seleccionando o tipo de resultado no bloque lateral.
- Se desexas realizar unha procura entre só un tipo de contido, deberala realizar desde a caixa de procura que aparece na páxina de resultados dese tipo.
Imaxe

Imaxe
