Espazos
A ferramenta "Páxinas" permite gardar e almacenar páxinas de texto organizadas xerárquicamente, restrinxindo os privilexios de lectura e escritura. Isto significa que podes crear de forma colaborativa un conxunto de documentos cunha colección determinada de persoas, participar nun proceso de escritura cun grupo formal ou, simplemente, usar a funcionalidade para escribir un documento que só ti podes ver e escoller compartilo unha vez.
O sinxelo menú de navegación permite ver toda a estrutura do documento desde calquera páxina. Podes crear tantas destas estruturas como queiras. Cada páxina individual ten os seus propios controis de acceso, polo que podes revelar partes da estrutura mentres mantés ocultas outras. Igual que con todos os demais elementos de Agueiro, podes engadir comentarios nunha páxina ou buscar páxinas por etiqueta.
Para comezar a crear unha páxina, pulsa sobre o menú "Páxina" e accede á listaxe das que xa foron publicadas. Existen 3 opcións:

1. Todo: son as páxinas de accceso público creadas por outras persoas usuarias de Agueiro.
2. Propio: son as páxinas propias creadas e/ou publicadas anteriormente.
3. Contactos: son as páxinas creadas polos contactos do usuario/a.
Dentro delas, se non somos persoas editoras ou colaboradoras, podemos:

1. Publicar comentarios
2. Marcar a opción “Gústame”
Permite sinalar “Gústame” (Like) na maioría dos contidos de Agueiro. Se o contido admite ser marcado dese xeito, aparecerá un "polgar cara arriba" para interaccionar con el. Esta opción notificará á persoa propietaria do contido sobre o novo “Gústame” que acaba de premer outra persoa. Ao lado da acción de “Gústame” aparecerá un contador que informa da cantidade veces que ese contido foi marcado desa forma. Facendo clic no contador, amosarase unha lista das persoas que recentemente sinalaron esa opción.
3. Exportar ou Denunciar
Exportar permite descargar ou gardar información da páxina, mentres que denunciar serve para alertar ás persoas administradoras da plataforma sobre contido inapropiado, abusivo ou que infrinxe as normas da propia plataforma.
No caso de tratarse de páxinas de creación propia ou con permiso de edición, pódese:
1. Publicar comentarios
2. Marcar a opción “Gústame”
3. Historia (rexistro da actividade) / Exportar / Denunciar / Editar (modificar) / Eliminar

Engadir unha páxina e Crear unha páxina de grupo
Para engadir unha páxina ou páxina de grupo, hai que realizar os seguintes pasos:
1. Imaxe de encabezado (opcional)
2. Título da páxina
3. Texto (corpo da páxina)

1.- Refacer 2.- Formato 3.- Retirar o formato 4.- Orixe (formato HTML) 5.- Seleccionar todo 6.- Tamaño letra 7.- Caracteres especiais 8.- Grosa 9.- Itálica 10.- Riscado 11.- Subíndice |
12.- Superíndice 13.- Código (formato HTML) 14- Ligar (hipervínculo) 15.- Inserir imaxe 16.- Cita 17.- Inserir bloque de código 18.- Aliñamento de texto 19.- Lista con viñetas 20.- Lista numerada 21.- Sangrías 22.- Táboas |
4. Etiquetas da información da páxina.
5. Lectura e escritura permiten seleccionar quen terá acceso á información:
- Privado: só a persoa creadora da páxina.
- Contactos: as contas que se atopen na axenda de contactos da persoa creadora. No caso das páxinas de grupo, esta opción é substituída por Membros, permitindo o acceso ás contas que forman parte do grupo.
- Usuarios conectados: persoas usuarias de Agueiro con sesión activa.
- Público: permite acceder á lectura de todas as entradas públicas de Agueiro sen necesidade de introducir ningunha credencial, sempre sen permiso de edición.