Espazos
O taboleiro é un espazo persoal das persoas usuarias para mostrar e manterse informadas da actividade relevante que está sucedendo en Agueiro. Usando a potente funcionalidade de widgets, é posible crear widgets que extraen contido relevante para cada usuario/a. O taboleiro de Agueiro non é o mesmo que o seu perfil: mentres que o perfil é para amosar a outras persoas, o taboleiro é un espazo para que cada usuario/a o empregue para as súas propias necesidades, de forma privada.
Para acceder ao taboleiro, deberás despregar o menú da túa conta de usuario/a (1) e elixir a opción Taboleiro (2). A primeira vez que accedas o taboleiro estará baleiro, pero poderás engadir os bloques da túa preferencia pulsando na ligazón Engadir widgets (3).
Cando o fagas, abrirase unha xanela onde se ofrecerán os widgets que estean dispoñibles en Agueiro. Para integrar estes no teu taboleiro, só terás que pulsar no botón Engadir que hai á dereita de cada un dos que aínda non estean no teu taboleiro.
Os widgets permitiranche dotar o teu taboleiro de funcionalidades para:
- Acceder de forma rápida ás publicacións máis recentes das ferramentas de Agueiro que empregues con máis frecuencia: mensaxes, axenda de contactos, páxinas, ficheiros, blog, vídeos, marcadores etc.
- Observar a actividade dos grupos dos que formas parte. Por exemplo, poderás ver as últimas contribucións aos debates ou a actividade recente nas ferramentas do grupo.
- Inserir contidos estáticos ou dinámicos de páxinas web externas, así como engadir texto multimedia a este.

Unha vez teñas os widgets da túa preferencia no taboleiro, pulsando sobre a súa cabeceira (1), poderás arrastralos para dispoñelos na columna dereita ou esquerda do teu taboleiro. Para eliminar un bloque, deberás pulsar na icona x (3), que aparecerá na cabeceira ao colocar o rato sobre ela. Todos os widgets teñen a opción de ser personalizados. Para iso, podes pulsar na icona da engrenaxe (2) e abrirase unha xanela onde introducir os axustes.

Por defecto, ao acceder ao taboleiro móstranse os contidos de todos os widgets. Porén, pódense minimizar todos eles pulsando na ligazón Ocultar contido do widget (4).