Espazos
O boletín de grupo é un tipo especial de contido que permite a creación dun boletín informativo para os membros dun determinado grupo.
Este elemento só pode ser creado pola persoa ou persoas propietarias do grupo e pode ser enviado a todos os membros ou só a unha parte deles. Ademais, as persoas integrantes do grupo poden consultar en calquera momento todos os boletíns creados, xa que se almacenan en formato web no menú "Boletíns de grupo" e cada un deles dispón dun enderezo URL independente.
Como se crea un boletín de grupo
En primeiro lugar, premer sobre o menú "Boletíns de grupo".

A continuación, ao premer no botón "+ Novo boletín", situado na parte superior dereita da pantalla, terase acceso á creación dun novo boletín. Poden crearse todos os que se desexe.
Na parte central da pantalla, a primeira lapela que se mostra activa é "Enviado" (4), que mostrará un espazo en branco no caso de que aínda non se enviara ningún boletín.
- Lapela "Concepto" (1)
Nela aparecen os boletíns que están en fase de preparación, é dicir, os que están en modo "borrador" (modo "concepto") porque aínda non están rematados. - Lapela "Programado" (2)
Aquí atópanse os boletíns que están en cola de envío, programados para ser enviados automáticamente nunha determinada data e hora. - Lapela "Enviado actualmente" (3)
- Nela móstranse os boletíns que se están enviando nese momento, así como os boletíns que se enviaron durante a sesión activa do usuario actual.
- Lapela "Enviado" (4)
Esta é a lapela que se mostra por defecto, onde se poden visualizar todos os boletíns enviados en calquera momento anterior.

A primeira pantalla de creación do boletín mostra activa a solapa "Básico".
Nesta primeira pantalla, será necesario introducir un "Título" obrigatorio para o boletín, así como unha serie de datos opcionais:
- Título (obrigatorio)
Título do boletín. - Asunto de correo electrónico personalizado (opcional)
O boletín será enviado por correo electrónico aos membros do grupo seleccionados. Se desexas que o "Asunto" deste correo sexa distinto do título do boletín, aquí podes introducir un texto diferente. No caso de manter este campo en branco, o asunto do correo será igual ao título do boletín. - Descrición (opcional)
Podes escribir aquí unha pequena descrición sobre este boletín. Esta mostrarase conxuntamente co título no listado de boletíns creados. - Etiquetas (opcional)
Introduce aquí as etiquetas que identifican ese boletín e que servirán como criterio de procura cando se empregue o buscador de Agueiro. - Acceso (seleccionado por defecto)
Por defecto, está habilitado o acceso a este boletín para os membros do grupo, pero en función das características e a configuración do propio grupo, este despregable pode mostrar outras opcións.

O seguinte paso será seleccionar unha plantilla para o boletín.
Existen dúas plantillas por defecto que non son editables, ademais dunha plantilla personalizada que si é posible editar:
- Plantilla personalizada
- Plantilla por defecto
- Plantilla por defecto (con barra lateral)

Situando o rato sobre algunha das plantillas por defecto, móstrase a opción de copiar automáticamente o seu código como "plantilla personalizada". Unha vez copiado, podes editalo e adaptalo ás túas preferencias.
1. Plantilla por defecto
Este é o aspecto do boletín coa "plantilla por defecto".

2. Plantilla por defecto (con barra lateral)
Este é o aspecto do boletín coa "plantilla por defecto (con barra lateral)".

3. Plantilla personalizada
A plantilla personalizada ofrece unha liberdade total para o deseño do boletín, podendo configurar tanto a estrutura (código HTML) como o estilo do boletín (folla de estilo CSS). O uso desta plantilla esixe coñecementos de código HTML e código CSS por parte da persoa autora.

No seguinte paso, na lapela de Contido, introdúcese o contido do boletín, que pode incluír texto, imaxes, ilustracións, animacións, vídeo, audio ou calquera outro tipo de contido compatible co entorno web.

Na lapela "Destinatarios" selecciona as persoas do grupo que desexas que reciban o boletín. Recibirano por correo electrónico, onde se incluirá tamén, de forma automática, unha ligazón directa para visualizalo en formato web.

Por último, na lapela "Programación" podes seleccionar a data e hora en que desexas que o propio Agueiro envíe ese boletín de forma automatizada. Fai clic sobre o campo "Data programada" para que se despregue o calendario de datas. Despois de seleccionar a data e hora, preme o botón "Gardar e programar" para finalizar e confirmar a programación do envío.
Se non desexas realizar unha programación de envío, podes enviar o boletín de forma manual e inmediata premendo o botón "Gardar e enviar agora".
