Espazos
As etiquetas son cadeas de texto que, asociadas a varios tipos de contido, permiten a súa categorización e seguimento.
Podemos engadir etiquetas aos seguintes tipos de contido:
- Blogs
- Páxinas
- Grupos
- Ficheiros
- Temas de debate
- Fotos
- Marcadores
- Vídeos
Cando se crea ou se edita un destes contidos, atoparase unha caixa “Etiquetas” na parte inferior da páxina de edición, que permite inserir ou editar as etiquetas asociadas a el.
Para engadir unha etiqueta, bastará con escribir unha ou máis palabras seguidas dunha coma. Nese momento, esa cadea de texto converterase nunha etiqueta.

Cada etiqueta engadida terá á súa dereita un símbolo “X”, que permitirá borrala. Mentres se escribe unha nova etiqueta, obtéñense suxestións de etiquetas xa usadas en Agueiro. Para aceptar unha desas suxestións, bastará con premer nela con botón esquerdo do rato.
Uso e seguimento de etiquetas
Ao premer nunha etiqueta, obtense un listado de todo o contido relacionado con ela; ben porque a persoa autora engadiu esa mesma etiqueta ao crealo, ou ben porque o texto dese contido contén a expresión da etiqueta.

Na parte superior dereita do listado de contido relacionado cunha etiqueta, atoparemos o botón “Seguir etiqueta”, que nos permitirá facer o seu seguimento.

Despois de seleccionar “Seguir etiqueta”, será posible deixar de seguila premendo en “Deixar de seguir etiqueta”.

Widgets relacionados
Para dispor en todo momento dun listado das etiquetas que estamos a seguir, resulta moi práctico engadir ao noso taboleiro una lista de etiquetas ou unha nube de etiquetas .
Para facelo, primeiro accedemos ao noso Taboleiro desde o menú “Conta”.

Despois, prememos en “Engadir widgets” na parte inferior e, finalmente, nos widgets que queremos engadir.

Como resultado, veremos no noso taboleiro os widgets que acabamos de engadir.
