NOVIDADES DIXIT. Únete á transformación educativa en liña

DESCOBRE O ÚLTIMO DE DIXIT

O proxecto DIXIT acaba de actualizar o seu catálogo de recursos innovadores para a comunidade educativa galega. Destacamos a incorporación dunha nova materia, Tecnoloxía, que se estrea en DIXIT con 3 contidos. Ademais, esta actualización tamén inclúe 1 novo contido para a aprendizaxe da Intelixencia Artificial, 1 ampliación para Benestar emocional na aula e a incorporación dunha nova funcionalidade nos recursos Dixit que permite ao alumnado enviar algunhas actividades dos contidos directamente a unha tarefa ou foro asociado na aula virtual.

Imaxe
Laboratorio figuras

Estreamos a materia de Tecnoloxía en DIXIT, coa publicación de 3 contenidos dunha nova iniciativa, Taller de vistas, para a observación de distintas figuras en 3D e a representación das súas vistas (alzado, planta, perfil dereito e perfil esquerdo). Está formada polo contidos “Debuxa as vistas das figuras”, cada un cun nivel diferente de dificultade: básico, intermedio e avanzado.

Consulta estes contidos no espazo abalar:

Imaxe
Respóndelle a Uxía

Por outra parte, incrementamos a oferta de Intelixencia artificial cun vídeo interactivo, Respóndelle a UX1A, co que afianzar os coñecementos sobre cuestións esenciais da Intelixencia Artificial a través de sinxelas preguntas ao final de cada bloque temático da entrevista coral a Minia Manteiga, Verónica Bolón e Sara Guerreiro, tres expertas na materia.

Consulta este contido no espazo abalar:

Imaxe
Pasaporte Grecia

 

Nesta actualización incorporamos un novo destino na Viaxe emocionante de Benestar emocional na aula nas súas versións para primaria e secundaria. Nesta viaxe a Grecia se traballa a autoestima, o autoconcepto, a autoimaxe e a autoeficacia a través dunha combinación de vídeos, escenarios interactivos, encerados dixitais e outras moitas actividades que che permitirán conseguir as pezas precisas para resolver o reto final.

Xunto a este recurso pódese encontrar a guía de uso para o profesorado actualizada.

Consulta estes contidos no espazo abalar:

Imaxe
Envío automático

 

Para o profesorado e alumnado que empreguen os contidos DIXIT desde o EVA de edixgal, incorpórase versións dos contidos do catálogo que permiten ao alumnado enviar as actividades do contido directamente desde este a un foro ou a unha tarefa asociada para compartir o seu traballo co profesorado e/ou co resto da clase.

Imaxe
Próximamente

 

En DIXIT continuamos desenvolvendo recursos novidosos e útiles para a comunidade educativa. Moi pronto poderás acceder a novos contidos:

  • De novas materias: en Inglés estamos traballando nunha iniciativa composta por tres contidos que versan sobre unha viaxe en tren polo norte de Inglaterra, na que o alumnado acudirá a unha tenda de roupa en York, visitará o mercado de Stoke-on-trent e reflictirá as súas aventuras no seu diario de viaxe Así, o alumnado traballará competencias comunicativas en inglés a todos os niveis (comprensión e expresión oral e escrita).
  • De novas iniciativas:
    • En Intelixencia Artificial estamos desenvolvendo varias iniciativas dirixidas ao alumnado sobre diagramas de fluxo (para traballar os algoritmos e aprender a representalos con diagramas de fluxo), obtención de patróns (para coñecer o modo no que aprende a IA mediante a identificación de características comúns) e sensores (para traballar o concepto e o funcionamento dos sensores a través do seu recoñecemento), así como a iniciativa de árbores de decisión, que incluirá unha ferramenta para aprender a diseñalos, definindo as súas preguntas e respostas e comprender o seu funcionamento probando o seu deseño nun chatbot.
    • En Bioloxía e Xeoloxía a iniciativa de Solucións baseadas na natureza para contornas urbanas cun laboratorio virtual de cubertas vexetadas para o control de inundacións.
    • En Tecnoloxía a iniciativa de Simulador de mecanismos para a experimentación co funcionamento de pancas, poleas e correas, rodas dentadas etc.
  • De iniciativas en curso: como a pílula interactiva da materia de Educación e benestar na aula para traballar o autocoidado mediante o desfrute de pequenos regalos diarios que se reciben de forma aleatoria dunha lista creada de antemán por cada alumna e alumno.

    E non perdas de vista as ampliacións dos nosos contidos. Pronto poderás:
     
  • Viaxar ao último destino do contido Viaxe emocionante para poder completar o teu pasaporte (primaria e secundaria).
  • Na Guía docente: a Intelixencia Artificial (galego e castelán) vincularemos os contido dirixidos ao alumnado con cada bloque de coñecemento desta guía para traballar na aula algúns dos conceptos que se explican nela.

QUERES SABER MÁIS?

O Catálogo Dixit recompila o detalle sobre os contidos publicados e en proceso de creación, así como información sobre o proxecto.

Preme na ligazón e descúbreo!