Espazos

Asesoría Abalar de zona
Os asesores/as Abalar de zona (AMTEGA) dan soporte e asesoramento a todos os centros educativos de ensino non universitario de Galicia, atendendo ás necesidades dos centros de cada zona en materia de novas tecnoloxías, aplicacións corporativas, plataformas dixitais, infraestruturas tecnolóxicas e proxectos educativos de carácter tecnolóxico.
Para os centros educativos a asesoría Abalar da súa zona é a principal referencia en canto a soporte e asesoramento e representa o primeiro nivel de atención para o profesorado.
Os asesores/as de zona están distribuídos en 22 zonas xeográficas, identificadas cada unha delas polo nome da localidade onde inicialmente foi ubicado/a físicamente cada asesor/a. Na actualidade estas zonas continúan conservando o mesmo nome identificativo aínda que nalgúns casos o/a asesor/a está ubicado/a noutra localidade dentro da mesma zona.
O profesorado e os centros educativos poden dirixirse á asesoría Abalar da súa zona para calquera cuestión relacionada co equipamento, as novas tecnoloxías e os proxectos educativos de carácter tecnolóxico da Xunta de Galicia.

Áreas xeográficas
As asesorías de zona están distribuídas en 22 zonas xeográficas, identificadas cada unha delas polo nome da localidade onde inicialmente foi ubicado/a físicamente cada asesor/a. Na actualidade estas zonas continúan conservando o mesmo nome identificativo aínda que nalgúns casos o/a asesor/a está ubicado/a noutra localidade dentro da mesma zona.