BoxAbalar: almacenamento e compartimento de ficheiros

BoxAbalar: almacenamento e compartimento de ficheiros

BoxAbalar é unha ferramenta baseada no proxecto de software libre NextCloud que permite ás persoas usuarias ter un control en calquera momento sobre os seus ficheiros, xa sexa desde o posto de traballo ou ben desde os dispositivos de mobilidade (portátil, smartphone, tablet...).

Co uso desta aplicación as persoas usuarias poderán acceder aos seus ficheiros dende calquera lugar a través dunha interface web. Tamén ofrece a posibilidade de compartir ficheiros ou cartafoles directamente con outras persoas con conta ou a través da creación de ligazóns públicas que se poden protexer con contrasinal.

https://boxabalar.edu.xunta.gal

Imaxe
BoxAbalar

 

Ademais da interface web tamén conta con cliente de escritorio para Windows, Linux, MacOS así como aplicacións para os dispositivos móbiles con sistemas Android ou iOS.

Imaxe
Tendas de aplicativos

 

Para o uso do aplicativo BoxAbalar as persoas usuarias deberán cumprir os seguintes requisitos:

  • Dispoñer do correo corporativo da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (credenciais do usuario da conta "edu")
  • Ser membro de calquera dos corpos docentes pertencente á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional en centros públicos.
  • Ter unha conta institucional de centro.

En canto aos requisitos hardware e software, tan só será preciso contar cun dispositivo con acceso a Internet, posto que o acceso e uso pode realizarse vía web. Ademais poderase empregar o cliente de escritorio para equipos con Windows, Linux, MacOS así como as aplicacións para os dispositivos móbiles que empreguen sistemas Android ou iOS.

Por defecto, estableceranse dúas cotas de almacenamento máximo na ferramenta:

  • 2 GB (para contas persoais)
  • 10 GB (para a conta do centro)

No que respecta ao tamaño máximo permitido para os ficheiros que se queiran subir á ferramenta, non existe un límite de tamaño establecido tendo unicamente como restrición do mesmo o alcance da cota máxima de almacenamento da conta.

Imaxe
Manual de usuario
MANUAL DE USUARIO

Manual de usuario para o emprego da aplicación de almacenamento, acceso e compartimento de ficheiros na nube BoxAbalar para o persoal docente da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia.