Espazos
Na plataforma Agueiro realizáronse os cambios e introducíronse as novas funcionalidades que se detallan a continuación e que xa están en funcionamento.
Novo menú principal
O menú de navegación principal cambia e os elementos reorganízanse dunha maneira máis lóxica. A partir de agora, o novo menú principal coincide coas 3 áreas principais de Agueiro: "Crear", "Compartir", "Colaborar" e ademáis inclúese un novo menú titulado "Xestionar"
Novo menú adicional de "Mensaxería"
O botón que da acceso á mensaxería interna de Agueiro convírtese nun novo menú principal e sitúase na banda horizontal superior, ao lado da icona do usuario.
Nova funcionalidade "Liña de tempo" (Timeline) para as páxinas.
Esta nova funcionalidade ofrece a posibilidade de gardar diferentes "momentos" na evolución dunha páxina, de maneira que o usuario poderá volver a retomar calquera estado anterior da páxina, facendo clic sobre un novo menú de "liña de tempo" (móstrase por datas) dispoñible para as páxinas de Agueiro.
