Espazos

Nova ampliación de recursos dentro do Repositorio de Contidos Educativos, nesta ocasión engadimos á nosa colección 49 novos contidos educativos en formato dixital creados polo profesorado galego no contexto das licenzas por formación do curso 21/22.
Seguimos revisando continuamente aqueles recursos con algún tipo de fallo detectado ou que empregaban tecnoloxías obsoletas (como o flash player) para que a plataforma sexa útil para o ensino galego.
Coa nova actualización, Repositorio de Contidos Educativos conta con 1.837 recursos en varios idiomas e para diferentes niveis educativos. Todos os recursos poden ser descargados e incorporados nas aulas virtuais dos centros.
Nesta nova actualización inclúense os seguintes recursos procedentes de licenzas por formación:
Tecendo Código:
Autoría: Peregrina Pintos Testa, Daniel Rodriguez Pizarro, Mº Begoña Cortés Redín
Curso: 1º Educación Secundaria Obligatoria
Materia: Tecnoloxía e Dixitalización
Asseconia, o pasado clásico de Santiago de Compostela
Autoría: Ana Delia Rodríguez Dorrego
Curso: 3º Educación Secundaria Obligatoria
Materia: Cultura Clásica
Deportes alternativos
Autoría: María Carmen García Fernández e Manuel Mato Landeira
Curso: 3º Educación Secundaria Obligatoria
Materia: Educación Física
English Across the Curriculum II
Autoría: Mónica Paula Montero Parcero e Juan Bautista Ramos Saíñas
Curso: 3º Educación Secundaria Obligatoria
Materia: Inglés
Deseño
Autoría: Elena Samartino López
Curso: 2º Bacharelato
Materia: Deseño
Physics and Chemistry 2 ESO
Autoría: María de los Ángeles Miguéns Cristobo
Curso: 2º ESO
Materia: Física e Química
Live Music: CLIL Activities and Music Lessons
Autoría: Yolanda Varela Guzmán
Curso: 2º ESO
Materia: Música