Espazos
Acabamos de realizar unha nova actualización da plataforma AGUEIRO que incorpora, entre outras, as seguintes novas funcionalidades:
Selector de idioma na páxina principal
Desde agora a páxina principal de Agueiro mostra un selector de idioma que lle permite
ao usuario seleccionar calquera dos 3 idiomas nos que se atopa dispoñible a plataforma:
inglés, español e galego (por defecto). O usuario tamén pode seleccionar e establecer
como predeterminado calquera dos 3 idiomas nas preferencias do seu perfil.
Utilidade de moderación nos foros
Incorpórase funcionalidades adicionais nos foros de debate dos grupos:
- As publicacións dos foros poden incluír ficheiros adxuntos
- As publicacións dos foros poden colocarse nunha cola de moderación, antes da súa aprobación para a publicación
- Os administradores dos grupos poden configurar os foros para que os membros non poidan darse de baixa
Avaliación entre pares
Os compañeiros do usuario (outros usuarios) poden realizar unha "revisión a cegas" das
páxinas nas que este usuario incorpore o novo bloque "Avaliación entre pares".
Matrices de valoración
As matrices de valoración permiten traballar en Agueiro con "marcos de competencias"
(competencias da nova LOMLOE) e asocialos ás coleccións de páxinas dos usuarios,
para permitir facer unha valoración das páxinas en base a estas competencias.
Pechar/validar páxinas
Os autores das páxinas poden "pechar" unha páxina para que un administrador/xestor
poida verificala e validala antes de que a páxina pase á avaliación final.
