Acceso ao EVA

Acceso ao EVA

Para acceder á plataforma EVA Abalar online, debemos ir ao seguinte enderezo web (URL) da aplicación:

  http://eva.edu.xunta.gal

Unha vez accedemos a través do noso navegador de internet, atopámonos coa pantalla de login ou identificación de usuarios, na que tamén podemos distinguir os seguintes elementos:

  • Identificación (Acceso) (1)
  • Selector de idioma (2)
  • Carrusel de novas (3)

Para entrar, introducimos as nosas credenciais de acceso ("nome de usuario" e "contrasinal") no recadro correspondente e pulsamos o botón "Acceder". Esta pantalla de acceso é a mesma para todos os usuarios.

Imaxe
acceso

O selector de idioma permite elixir o idioma desta pantalla de acceso. Podemos elixir entre:

  • Galego (gl)
  • Español (es)
  • English (en)

Por defecto a plataforma móstrase en idioma “Galego”, pero o usuario pode cambiar o idioma en calquera momento.

Nesta pantalla de acceso podemos atopar tamén un carrusel con novidades de interese para a comunidade educativa.