Menús do EVA

Menús do EVA
Imaxe
Icona
En función do tipo de usuario/a e da configuración do perfil, algúns dos menús que se explican a continuación poderían visualizarse de forma diferente ou poderían non estar dispoñibles.

 

Despois de identificarnos como usuarios accedemos á pantalla principal da aplicación, onde se distinguen as seguintes áreas:

  • Menú do usuario (1)
  • Barra de menús funcional (2)
  • Notificacións (3)
  • Mensaxes (4)
  • Foro de novas do sitio (permite subscribirse) (5)
  • Área de visualización das materias (6)
Imaxe
EVA

 

Na barra de menús funcional (2) atoparemos os seguintes menús despregables:

   

Menú INICIO

Ao pulsar sobre o menú "Inicio" volvemos á pantalla de inicio da plataforma.

Imaxe
Inicio

 

Menú O MEU ESCRITORIO 

Desde o menú "O meu escritorio" podemos acceder á nosa área persoal de usuario, aos datos do noso perfil, ao calendario xeral da plataforma, ás novas publicadas ata o momento, así como tamén á pantalla que nos da acceso ás credenciais dos nosos alumnos.

 

  • Xestión de credenciais

 

Imaxe
escritorio

 

Menú AS MIÑAS MATERIAS

No menú "As miñas materias" móstranse as materias ás que teño acceso como profesor/a e/ou como alumno/a

Imaxe
As miñas materias

 

Menú ACCESO Ó CATÁLOGO

Desde o catálogo, podemos acceder a unha mostra de todos os contidos, de todas as materias e de todos os proveedores de contidos (editoriais) que participan no proxecto EDIXGAL.

Esta opción resulta moi útil para poder ver cal é a oferta editorial dispoñible, antes de decidirnos por unha ou outra das editoriais.

Imaxe
catálogo

 

Menú AXUDA

Desde a "Axuda" da plataforma temos acceso ás distintas guías e manuais de usuario, con respecto ás ferramentas e funcionalidades incluídas na plataforma.

Imaxe
Axuda

 

Menú TABOLEIRO

Taboleiro é unha páxina personalizable para proporcionar aos usuarios detalles do seu progreso e os próximos prazos. O panel predeterminado inclúe unha liña de tempo (Cronograma) , un Calendario e, no caixón de bloques, o bloque Materias de recente acceso

O acceso rápido ao Taboleiro está dispoñible desde a navegación do sitio na parte superior da pantalla unha vez que iniciase sesión. 

Os usuarios normalmente poden personalizar o seu Taboleiro, engadindo ou eliminando bloques e cambiando as posicións dos bloques. 

Poden reverter o seu Taboleiro aos bloques orixinais da seguinte maneira: active o interruptor 'Modo de edición' e a continuación faga clic no botón 'Restablecer páxina aos valores predeterminados'.

Imaxe
Taboleiro