O calendario

O calendario
Imaxe
Icona
En función do tipo de usuario/a e da configuración do perfil, algúns dos menús que se explican a continuación poderían visualizarse de forma diferente ou poderían non estar dispoñibles.

 

Dende esta opción podemos acceder ao calendario que xestiona cada un dos eventos cos que estamos a traballar na plataforma e teñen algún tipo de información temporal que interesa ao noso perfil.

Imaxe
Calendario

O que vai aparecer por defecto no calendario é a listaxe de próximos eventos asociados ás materias nas que o usuario está matriculado, pero pódese establecer un filtrado de eventos por materia no despregableco que se vai a visualizar unicamente os eventos asociados á materia seleccionada.

No panel da dereita hai dispoñible o bloque que permite agochar/amosar os eventos desexados no calendario.

Desde a ventá anterior tamén temos a posibilidade de crear novos eventos , que para o caso do perfil do profesor os eventos que se poden crear poden ser de 3 tipos:

  1. Usuario: Evento só visible para o usuario que o crea.
  2. Grupo: Evento que afecta a todos os usuarios membros do grupo seleccionado.
  3. Materia: Evento que ten actividade para todos os usuarios matriculados na materia seleccionada. 

 CALENDARIO: Vista "mes"

Imaxe
Calendario

 

CALENDARIO: Vista "día"

Imaxe
Calendario