O meu perfil

O meu perfil
Imaxe
Icona
En función do tipo de usuario/a e da configuración do perfil, algúns dos menús que se explican a continuación poderían visualizarse de forma diferente ou poderían non estar dispoñibles.

 

Para acceder á páxina do perfil debemos pulsar sobre o icono do usuario e a continuación seleccionamos o menú - "Perfil".

Imaxe
Perfil

 

Esta páxina permite visualizar e configurar determinadas opcións do noso usuario persoal no EVA, e está accesible tanto para profesores coma para alumnado.

Imaxe
Detalles

 

A Imaxe e nome do usuario son os datos que se mostran a outros usuarios cando consultan o noso perfilPara personalizar estes datos accederemos ao menú "Preferencias" do icono do usuario.

Imaxe
Editar perfil

 

 

  • Editar o perfil, accede aos datos de perfil do usuario e permite cambiar determinados parámetros do perfil, coma por exemplo engadir cidade/vila, poñer descrición do perfil, cambiar imaxe do usuario, etc...
  • Idioma preferido, onde o usuario establece o idioma por defecto do entorno EVA que pode ser galego, castelán ou inglés.
  • Preferencias do foro, permite configurar algunha das preferencias dos foros e o seguimento dos mesmos.
  • Preferencias do editor, onde o usuario pode cambiar o editor web da plataforma EVA e que pode ser (Predeterminado, HTML Atto, TinyMCE HTML, Área de texto simple)
  • Preferencias da materia, que unicamente permite activar/desactivar o selector de actividades.
  • Preferencias do calendario, onde se poden configurar opción do calendario como son: Formato hora, primeiro día semana, etc...
  • Chaves de seguridade, esta opción amosa as claves son empregadas para acceder á súa conta Moodle desde aplicacións externas, por exemplo Moodle mobile