Espazos

- Como se conecta a internet o equipamento da aula?
-
Como norma xeral, e sempre que as condicións técnicas o fagan posible, a conexión do equipamento da aula internet é a seguinte:
- Panel interactivo: accede a internet pola rede cableada. Recoméndase a configuración en todo o centro a configuración automática da rede (DHCP).
- Portátil de aula: accede a internet vía a conexión WiFi "Abalar". Esta conexión realízase de forma automática sempre e cando o equipo fora clonado no servidor do centro. O feito de ter dispoñible unha versión actualizada da maqueta garante que a través da WiFi "Abalar" vaise dispoñer de aplicacións actualizadas e seguras.
- Como se conecta a internet o equipamento do alumnado?
-
O portátil do alumnado, dentro do centro, accede a Internet vía a conexión WiFi "Abalar". Esta conexión realízase de forma automática, sempre e cando o equipo fora clonado no servidor do centro.
Este equipo, no caso de que o alumnado o leva para a súa casa, poderá configuralo para acceder á rede WFi ou rede cableada do seu domicilio segundo os parámetros de conexión que teña e segundo o seu proveedor de servizos de internet.
- É preciso que a conexión na aula dos portátiles sexa a través da WiFi "Abalar"?
-
Si, para facilitar a actualización automática do equipamento e poder empregar as funcionalidades tanto do Epoptes (xestión e control da aula) coma do Samba (intercambio de arquivos entre profesorado e alumnado).
- Cal pode ser a causa de non estar funcionando Epoptes nin Samba?
-
Para que estas dúas ferramentas funcionen, tanto o equipamento da aula coma o do alumnado teñen que cumprir estas condicións:
- Estar coa mesma versión da maqueta instalada.
- Estar conectados á rede WiFi "Abalar".