Dispositivos

Dispositivos
Imaxe
Infografía dispositivos E-Dixgal

Para ver en máis detalle o equipamento dispoñible acceder a:

Outras ligazóns de interese:

Que hai que facer para proceder ao reparto do equipamento do alumnado?

Antes do reparto debemos ter localizado todo o equipamento do alumnado e a continuación:

  • Comprobar que se pode acceder, coa conta corporativa, á aplicación de xestión de equipamento. Unha vez que se teña acceso:
    • Asignar o equipamento dispoñible para asignar ao alumnado a través da aplicación de xestión do equipamento https://glpi.edu.xunta.gal/premium/admin/login.php.
    • É recomendable etiquetar cada equipo con nome de alumno/a e número de serie (datos que figuran no acordo de cesión).
    • Imprimir os acordos de cesión. Entregar os acordos xunto cos equipos, previamente identificados, para que a familia os revise e asine o acordo. En ningún caso, se poderá sacar do centro escolar un equipo sin que estea asinado o acordo de cesión por parte da familia.
    • Unha vez que se teñan asinados os acordos, actualizar á aplicación e subir os documentos escaneados.
    • Calquera dúbida relativa a esta xestión, poñerse en contacto co Soporte Premium.
É imprescindible asinar o acordo de cesión do equipamento?

Non. Todo o alumnado terá asignado un equipo para o seu uso no centro e que poderá empregar na aula no momento que o profesorado o considere oportuno. Desde o momento da asignación, o alumnado é responsable dese equipo e de facer un bo uso do mesmo. 

O acordo de cesión facilita que o alumnado poida levar o equipo para a súa casa e poder complementar o traballo ou consultar aqueles aspectos que o profesorado considere oportunos. Para tentar solucionar dúbidas sobre o equipo que vai empregar o alumnado, o seu uso e as condicións de cesión do mesmo é importante consultar a información dispoñible en https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/equipamento.

O alumnado ten que estar permanentemente empregando o seu dispositivo?

Non. En cada caso, en cada materia e en cada curso, os docentes xestionarán do xeito que consideren máis axeitado os recursos dispoñibles. O obxectivo é facilitar a mellora das aprendizaxes do alumnado, e a flexibilización e individualización que permiten os recursos dispoñibles facilitarán o traballo nas aulas encamiñando este proceso dentro dun plantexamento híbrido de ensino.