Espazos

Ademais da información dispoñible no apartado Entorno Virtual E.V.A, é imprescindible coñecer algúns aspectos que poden axudar ao traballo con este espazo de traballo virtual.
Este espazo de traballo, baseado en Moodle, comparte características coas aulas virtuais dos centros accesibles a través do proxecto Websdinámicas. A súa principal vantaxe radica na automatización: unha vez configurados en XADE os datos dos grupos de alumnado, horarios e profesorado, as aulas virtuais de cada materia créanse de forma automática co alumnado a cada unha delas.
- Que credenciais son necesarias para acceder ao EVA?
-
O profesorado poderá acceder a este espazo empregando as credenciais corporativas, as mesmas que se empregan para acceder ao correo electrónico, XADE ou configurar o acceso á WiFi "edu.xunta.gal".
No caso do alumnado, as credenciais xéranse automaticamente o primeiro curso de acceso ao proxecto. Para coñecer estas credenciais e facilitarllas ao alumnado, calquera docente que dea clase nese grupo, desde o menú do EVA "O meu escritorio > Xestión de credenciais" pode consultar e restaurar os contrasinais do alumnado. Unha vez que se accede por primeira vez, o alumnado deberá modificar ese contrasinal provisional para introducir os datos definitivos.
En cursos posteriores, o alumnado disporá do mesmo identificador sendo preciso o cambio de contrasinal.
- Que condiciona que o profesorado ou o alumnado non poida entrar no EVA?
-
Neste caso é preciso revisar o XADE:
- Relativo ao profesor, ademais de ter activa a súa conta corporativa (que non estea bloqueada e o contrasinal operativo), ten que estar asignado ao grupo e á materia en XADE.
- Relativo ao alumno, debe estar asignado ao grupo correspondente e dispoñer ademais das credenciais de acceso ten que estar matriculado e asignado ao grupo.
Para que se fagan efectivos os cambios feitos no XADE temos que esperar á sincronizacón co EVA.
- Se o alumnado esqueceu as credenciais de acceso, quen llas pode facilitar de novo?
-
Calquera docente que dea clase nese grupo, desde o apartado "O meu escritorio > Xestión de credencias" pode consultar e restaurar os contrasinais do alumnado
- Un docente que imparta unha materia que non estea incluída no proxecto, pode empregar o EVA?
-
Si. Todo o profesorado do centro que forma parte dun nivel/grupo integrado no proxecto poderá acceder e empregar o EVA e os recursos asociados desde o proxecto para esa materia.
- Unha persoa substituta que cubre a baixa da persoa titular da materia pode acceder ó EVA?
-
Unha vez realizada a xestión no XADE e que se sincronice o XADE co EVA, tanto a persoa substituta como a substituída pode acceder ó EVA e ós cursos e materia asignados en XADE. No caso de que poida haber algún problema dar a incidencia ao Soporte premium.
- As familias poden acceder ao EVA do alumnado?
-
Si, empregando as credenciais do seu fillo/a.
Unha forma sinxela de facer este seguimento é a través da app Moodle Mobile, onde as familias se poderían rexistrar coas credenciais do seu fillo/a e acceder á mensaxería, tarefas, materiais, etc.
- No caso de detectar un mal uso da mensaxería e querer limitar esta funcionalidade, é posible bloquear a mensaxería no EVA entre o alumnado?
-
Si é posible. A persoa Coordinadora E-Dixgal desde o menú "O meu escritorio > Bloqueo da mensaxería". Neste apartado poderase escoller naqueles grupos que se bloquea dita funcionalidade de comunicación entre o alumnado. Sempre estará operativa entre profesorado e alumnado.
- Como podo xestionar a mensaxería, permitindo o seu uso sen bloqueala?
-
A mensaxería do EVA poderase empregar de diferentes xeitos. Cada centro pode decidir se permite o uso desta utilidade ou non entre o seu alumnado. A comunicación docente - alumnado sempre será funcional.
Un camiño intermedio pode ser empregar a funcionalidade da mensaxería nun grupo. Se na aula/materia na que está o alumnado matriculado, se xera un grupo no que o docente desa materia forma parte do grupo, pódese habilitar a mensaxería de grupo. Deste xeito permitimos a comunicación entre o alumnado, dentro dun grupo no que está o docente dese grupo.
Esto pode facilitar dinámicas á hora de resolver dúbidas, axudas entre alumnado, etc.
- Pódese acceder ao EVA e aos contidos desde fóra de España?
-
Non é viable acceder ao EVA e aos recursos e contidos que se xestionen neste espazo desde o EVA na súa versión web. O que si é factible, é que o alumnado empregue a aplicación EVA Off-line para descargar todos os contidos e recursos recompilados no EVA no seu equipo e traballar con eles. No momento en que o equipo se conecte de novo desde España, esa información actualizarase e será visible tanto por parte do alumnado coma do profesorado.