Espazos

Algunhas das tarefas máis destacadas do principio de curso pódense observar no gráfico anterior.
Algunhas ligazóns imprescindibles:
- XADE: http://edu.xunta.gal/xade/
- Panel de xestión do equipamento: https://glpi.edu.xunta.gal/premium/admin/login.php
- Información do proxecto: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal
- Entorno Virtual de Aprendizaxe (EVA): https://eva.edu.xunta.gal/login/index.php
|
Pílula nunha aula dixitalizada Documento que amosa de xeito resumido recursos e os diferentes elementos dunha aula dixitalizada |
- Que información é imprescindible facilitarlle ás familias no momento da súa incorporación ao proxecto?
-
O Centro debería informar ás familias da información sobre o proxecto que está recollida na seguinte ligazón:
https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/informacion-para-familiasÉ recomendable informar ás familias do que supón a incorporación ao proxecto, recursos asociados, como vai implementar o centro o seu propio proxecto educativo dixital e tentar dar resposta a todas as inquedanzas e preocupacións que as familias poidan ter.
- Que ten que facer o equipo directivo e o/a coordinador/a E-Dixgal antes do comenzo do curso?
-
A nivel de equipo directivo haberá que coñecer o alcance do proxecto e os grupos e materias aos que vai dirixido así coma a dotación tecnolóxica das aulas implicadas. É imprescindible ter nomeada a persoa coordinadora do proxecto e ocuparse de ter actualizados en XADE todos os datos precisos (grupos, asignación do profesorado ás materias e aos grupos, horarios, sinalar as materias E-Dixgal, etc).
A persoa coordinadora debe coñecer o estado dos elementos tecnolóxicos específicos do proxecto e as súas carácterísticas (aulas E-Dixgal, equipamento e conectividade do centro). Esto permitirá comunicar canto antes os problemas detectados aos servizos de soporte.
En ambos casos deberán saber que contan co asesoramento do Asesor Abalar de Zona e do Servizo Premium.
Así mesmo, en función da competencia dixital do profesorado e do nivel de coñecemento das familias sobre o proxecto, deberán concretarse as liñas de actuación e a formación dirixida a estes colectivos.