Maqueta Abalar

Maqueta Abalar
Imaxe
Abalar

Os equipos E-Dixgal, para o alumnado e o profesorado, distribúense cunha maqueta (sistema operativo + aplicacións instaladas) plenamente funcional e adaptada ás necesidades do proxecto. Está baseada nun sistema operativo GNU/Linux Debian, que se actualiza dun xeito centralizado e transparente para o usuario a través dos servidores Abalar de centro e a Wi-Fi Abalar instalada en todos os centros educativos participantes no proxecto.
Esta situación presenta a vantaxe da uniformidade da maqueta en todas as aulas E-Dixgal de todos os centros educativos de Galicia nos cursos/grupos integrados no proxecto.

A maqueta Abalar Xestionada permite manter actualizadas as necesidades de bloqueos ou autorizacións de acceso a sitios específicos de forma periódica e impide a instalación de programas. É obrigatoria para o alumnado e na maioría das aulas; é recomendable para o profesorado que non necesite programas específicos na súa docencia.

Como se actualizan as aplicacións da maqueta?

Cando os portátiles, tanto de alumnado coma de profesorado, están conectados á rede Wi-Fi "Abalar" realízanse actualizacións automáticas periódicas.

Todo o software instalado nos equipos está en permanente revisión e actualización, polo que con certa frecuencia existen modificacións e actualizacións que se deben instalar nos equipos. Estes cambios lévanse a cabo a través de procesos automatizados de actualizacións que cada equipo E-Dixgal recibe a través da Wi-Fi Abalar.

A xestión de todos os procesos de actualización realízase coa ferramenta “puppet”.