Espazos

Á hora de integrar o proxecto no centro e nas aulas, facilítase ao profesorado a posibilidade de empregar diferentes materiais e recursos dixitais:
- Repositorio de recursos educativos: https://recursos.edu.xunta.gal/ (máis de 2000 recursos en varios idiomas)
- DIXIT: https://recursos.edu.xunta.gal/dixit
- Máis información sobre DIXIT: https://www.edu.xunta.gal/eduga/2341/contidos-educativos/dixit-contidos-dixitais-innovadores-para-comunidade-educativa
- Catálogo dos materiais DIXIT: https://recursos.edu.xunta.gal/recurso/catalogo-de-contidos-e-novidades-dixit
- cREAgal: https://recursos.edu.xunta.gal/creagal
- Ágora Dixital: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/agora-dixital
- Lenzo: https://ciedix.edu.xunta.gal/proxectos/lenzo-educacion-con-boa-pinta
- Recursos editorias (Netex - Smart Classroom, Edebé, Aula Planeta e Pearson): Ver catálogo do EVA
Ademais destes recursos existen outras posibilidades de integrar outros materiais educativos dixitais:

- É obrigatorio empregar os materiais das editoriais do proxecto?
-
Non. Os materiais educativos dixitais que se ofrecen son propostas de traballo que se inclúen no proxecto para poder empregar nas aulas. Pódese empregar un deses materiais, seleccionar diferentes recursos de diferentes editoriais, material propio ou material doutras fontes que permitan a súa reutilización. O fundamental é planificar e implementar o proxecto de centro e de aula que se quere desenvolver aproveitando os recursos dispoñibles.
Tal como se está a explicar, o feito de implementar un ensino híbrido, facilita o emprego daqueles recursos que en cada momento se consideren máis oportunos e no formato máis axeitado para dar resposta ás necesidades do alumnado. A orixe dos materiais dependerá en moitos casos dos recursos cos que conta o centro.
- Como se poden integrar os contidos de cREAgal no EVA?
-
Os recursos cREAgal son recursos educativos abertos (REA) desenvolvidos por profesorado galego empregando a ferramenta eXeLearning (extensión de arquivo .elp). Podes utilizalos, modificalos e difundilos libremente, coa única condición de respectar a licenza CC BY-NC-SA que teñen.
Para coñecer como incorporar estes recursos ao EVA consultar a información en https://www.edu.xunta.gal/centros/creagal/mod/page/view.php?id=2850
- Podo empregar o material que xa teño na aula virtual do centro?
-
Si. Ademais ao estar ou dous espazos de traballo nas mesmas versións do moodle, permite realización de copias de seguranza e posterior restauración dun espazo ao outro.
- Pódese facer unha copia dos contidos das diferentes editoriais empregados nunha materia?
-
Á hora de realizar a copia de seguranza do material editorial ofertado no proxecto non é preciso realizar dita copia, pois xa de forma automática, para o próximo curso se van poder empregar eses contidos e estarán previamente cargados no EVA posto que están asociados a cada persoa usuaria.
Con relación aos contidos propios, a través da funcionalidade do propio EVA de realización de copias de seguranza permite a realización de copias de seguranza e a posterior restauración dos mesmos contidos.
- No caso de ter problemas co acceso aos materiais educativos, como se podería solucionar?
-
No caso de ter dificultades ou problemas no acceso ao material, na súa incorporación ao EVA ou uso por parte do alumnado, é preciso contactar co Soporte Premium.