Control e seguridade

Control e seguridade
Imaxe
seguridade

Actualmente no equipamento do alumnado existe unha aplicación que impide o acceso a contidos inapropiados independentemente onde se conecte o ordenador, tanto nos centros educativos coma nos fogares. Esta aplicación dispón de funcionalidades básicas:

  • Filtrado de contidos.
  • Filtrado de contido inapropiado usando Blacklist e Whitelist.
  • Filtrado por categorías.
  • Configuracións precisas para filtrado de sitios web por categorías.
  • Protección no domicilio.
  • Funciona indistintamente tanto no centro educativo como no domicilio.
  • Filtrado da actividade.
  • Evita accesos non autorizados a sitios con información sensible.

Máis información en: https://espazoabalar.edu.xunta.gal/e-dixgal/novas/navegacion-segura-en-e-dixgal

Que outras medidas ou aplicacións serven para saber a actividade do alumnado?

Ademais da ferramenta de navegación segura mencionada anteriormente, o proxecto conta con aplicacións e recursos para saber a actividade día a día.

Dentro das aplicacións instaladas no equipamento do proxecto podemos atopar Epoptes. Esta aplicación, funcionando dentro do centro e coa conexión Abalar da que dispoñen os centros, ten como funcionalidade axudar na xestión da aula e o profesorado poderá realizar entre outras algunhas accións coma:

  • Axudarlle ao alumnado a realizar tarefas desde o seu propio ordenador.
  • Poder interactuar co alumnado a través dos seus equipos.
  • Silenciar, apagar ou reiniciar os equipos.
  • Enviarlle unha web determinada nun momento dado para realizar un traballo.

A través do EVA tamén se pode facer un seguimento das actividades e tarefas do alumnado, co que se vai poder obter información sobre os tempos de resolucións de tarefas, as consultas que fai ou a actividade dentro dese espazo.

O feito de que o alumnado non poida modificar o seu portátil, non poida eliminar ou instalar aplicacións e grazas á xestión centralizada, garántese que o equipamento estará operativo, actualizado e en perfectas condicións de uso.

Como podo garantir que o meu fillo/a fai un uso axeitado do portátil?

O ultraportatil é un recurso cedido co único propósito de servir de apoio para as tarefas escolares. Como responsables é importante asegurarse de que os fillos/as se responsabilizan do seu correcto uso e coidado, limitando o tempo de uso exclusivamente á realización das tarefas escolares. A este respecto cumpre acordar con eles as normas e supervisar o seu cumprimento, vixiando de cando en vez o estado de conservación do portátil, o tempo que pasan con el ou o historial dos navegadores web.