Espazos

O que aquí se propón son recomendacións á hora de traballar nun entorno de educación dixital.
Aproveitar as canles de comunicación coporativas.
Se tes dúbidas ou necesitas información, aproveita as canles de comunicación que o centro educativo puxese ao dispor, como o correo electrónico, espazoAbalar, abalarMóbil, foros, contorna virtual de aprendizaxe, etc.
Fomentar a responsabilidade no uso da tecnoloxía
Máis aló do tempo dedicado ás tarefas escolares, hai que ser responsables no uso da tecnoloxía, e isto supón, dependendo das idades e competencias, controlar as horas de visualización da televisión e o seu contido, de uso do móbil, de estar nas redes sociais, de xogar coa tablet ou co computador de forma segura.
Manter o contacto co profesorado
A comunicación é un aspecto fundamental para a aprendizaxe en toda a formación académica dos seus fillos ou fillas, e. Por iso, é vital estar coordinado co profesorado dos teus fillos ou fillas. Procura ser accesible e preocúpate polo seu desenvolvemento académico, sen que iso signifique saturar con mensaxes ao profesorado.
Manter unha actitude positiva con especto ás TICs
É importante manter unha actitude positiva e aberta ante as posibilidades educativas das TIC para evitar frustración ou ansiedade do alumnado, tanto dentro como fóra do seu centro escolar.
Planificar o traballo
Resulta de moita utilidade facer uso de axendas escolares, axendas visuais, listas de tarefas, ben sexa en papel ou con ferramentas dixitais. Este tipo de ferramentas poden favorecer e potenciar a autonomía do alumnado.
Fomentar o espírito crítico
Fomenta o espírito crítico na información que buscan, axúdalles a descubrir “fakes” (mentiras ou bulos dixitais) e a contrastar información. É importante que acudan sempre a páxinas web fiables e a plataformas dixitais oficiais, que presten atención á autoría ou ao organismo que escribise esa información, que comproben que utiliza referencias adecuadas etc.
Aprender a seleccionar e discriminar a información
Tamén é conveniente insistir en que, ao buscar información, non utilicen unicamente a primeira referencia que aparece no buscador, senón que é necesario que naveguen por outras opcións para contrastar a información e completala.
Centrar a atención na tarefa
É importante que o tempo que o teu fillo ou filla dedique ao traballo estea centrado na tarefa, polo que podes axudarlle a fomentar a súa concentración nestas actividades reducindo as distraccións (televisión, ruído, entradas e saídas da habitación, móbil, xogos, música, chats…) ata despois de finalizar a tarefa.
Distribución máis efectiva do tempo
Explícalle aos teus fillos e fillas que hai un tempo para cada cousa, que a realización das tarefas escolares forma parte dos compromisos que eles teñen que asumir, o que tamén se pode equilibrar coa posibilidade de gozar dun tempo de lecer. Convídaos a que deixen aparcadas as redes sociais ou servizos de mensaxería mentres están a realizar as actividades escolares