Formación familias

Formación familias
 
Remote video URL
 

Existen materiais e iniciativas tanto público como privadas que ofrecen información e recursos sobre aspectos básicos no uso de internet, as redes sociais e os diferentes dispositivos que podemos ter ao noso alcance ou que o alumnado pode chegar a ter nas súas mans. Algunhas referencias das que podemos ter axuda e información:

Imaxe
Logo de internet segura para cativos

Internet Segura for Kids - https://www.is4k.es

Internet Segura for Kids (IS4K) é o Centro de Seguridade en Internet para menores de idade en España e ten por obxectivo a promoción do uso seguro e responsable da Internet e as novas tecnoloxías entre os nenos e adolescentes.

As súas liñas de actuación centránse en:

  • Sensibilizar e formar a menores, familias, educadores e profesionais do ámbito do menor, a través do densenvolvemento de campañas, iniciativas e programas de ámbito nacional.
  • Ofrecer un servizo de línea de axuda co que asesorar e asistir a menores, familias, educadores e profesionais do ámbito do menor sobre como facer frente aos riscos de Internet.
  • Organizar o Día da Internet Segura (Safer Internet Day) en España.
  • Reducir a dispoñibilidade de contido criminal en Internet, principalmente de abuso sexual infantil, dando soporte ás FFCCSE.

         

Neste portal o docente dispón que multitude de materias didácticos cos que abordar diversos temas da seguridade na rede.

Imaxe
Logo da axencia española de protección de datos

Tú decides en Internet - http://www.tudecideseninternet.es

Tú decides en internet é un portal abalado pola Axencia Española de Protección de Datos que ofrece gran cantidade de información tanto a menores, como familias e docentes para axudar a facer un uso responsable da rede.

A Axencia Española de Protección de Datos é consciente de que moitos dos riscos aos que se enfrontan os menores na rede vense favorecidos por un uso irresponsable e despreocupado, moitas veces por descoñecemento, dos datos de carácter persoal que se facilitan ao empregar a maioría dos servizos que ofrece Internet: redes sociais, servizos de almacenamento, mensaxería instantánea, correo electrónico, etc…. Por este motivo, a Axencia, que dende fai tempo ven prestando atención á protección dos menores, considerou que a mellor forma de garantila é mediante accións preventivas, pola vía da sua formación e concienciación. Para dito fin, desenvolveu unha páxina web, co obxectivo de ofrecer información, consellos, materiais e recursos coas claves necesarias para o uso seguro e responsable dos datos persoais na rede.

Outras ligazóns e recursos de interese:

Como podo obter máis información ou formación específica sobre o proxecto, os seus recursos e a aplicación que se está a facer nas aulas?

A través da colaboración entre o centro educativo e as ANPAS dos centros pódese solicitar formación específica dos diferentes aspectos e elementos do proxecto. Ademais desde a propia rede de Asesorías Abalar de zona préstase apoio aos centros educativos e ás familias á hora da integración dos diferentes recursos do proxecto nas aulas.

Ademais, de que desde a Rede de Formación estanse a promover accións para poñer en marcha escolas de nais e pais nos centros co apoio e asesoramento dos diferentes Centros de Formación e Recursos.